Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Vilaquinte.
Santa María de Vilaquinte é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 130 habitantes (70 mulleres e 60 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 50 homes e 51 mulleres. En 2016, segundo o INE, tiña 97 habitantes, 49 mulleres e 48 homes.
Toponimia
O topónimo significa vila (latín vila, casa de campo) de Quinti, antropónimo latino [2].
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Vilaquinte
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas