San Xoán de Milleirós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 55 habitantes (29 homes e 26 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 63 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 53 habitantes, sendo 26 homes e 27 mulleres. En 2016 tiña 46 habitantes (13 mulleres e 13 homes) segundo o INE. En 2020 eran 49, 23 mulleres e 26 homes.
Toponimia
O topónimo é un diminutivo da palabra en latínmiliarium, lugar onde hai millo miúdo (non o millo de hoxe que veu despois de América).[2]
Patrimonio
No Monte da Serra, na estrema entre os concellos de Chantada e Carballedo e próximos a Milleirós están situados a Peneda Cabezuda e outros petróglifos[3]