Vilaguillulfe é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada.
Segundo o INE en 2017 o lugar contaba con 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres); en 2018 16 (7 homes, 9 mulleres), en 2020 15 (9 mulleres e 6 homes)
Toponimia
Vilaguillulfe é un nome xermánico: a vila de Wiliulfus, que debeu ser o seu primeiro morador. Son tamén xermánicos moitos nomes dos lugares de arredor: Bermún, Usuriz, Esmoriz, Esmolfe, Axulfe...[1]
Algúns microtopónimos do lugar[2] son O Agro do Regueiro, Os Agros de Burgás, O Blanquiño, Os Calvóns, A Campaza, Carral, Castiñeiras, Os Chousos, A Costaneira, O Coto de Moscoiros, O Couto, A Devesa do Rei, A Fonte, Fontes, A Gandareira, A Lama da Viña, A Lamela, A Leira da Fariña, A Leira das Pedras, Os Peagos, Os Prados do Muíño, A Presa, A Regatiña, O Regueiro, O Reguengo, O Rulleiro, A Seara, As Cegoñas, As Lamas, Porral, Portapena, Redonde, As Regas, Os Seixos, As Senras, Os Síos, Sobrelamas, Surredonde, Traloouteiro, As Travesas, O Trasvalado, Trasvilapedre, O Valado, Vilapedre.
Lugares e parroquias
Lugares de Cartelos
Parroquias de Carballedo
Notas