Sahib Bibi Aur Ghulam (en hindi: साहिब बीबी और ग़ुलाम) é un filme indio de 1962 rodado en lingua hindi e dirixido por Abrar Alvi e producido por Guru Dutt, quen tamén é protagonista xunto con Meena Kumari, Rehman e Waheeda Rehman. O filme, que se basea na novela en lingua bengalí Saheb Bibi Golam (1953) de Bimal Mitra, é a segunda adaptación logo do filme filme homónimo de Saheb Bibi Golam protagonizado por Sumitra Devi, Uttam Kumar e Chhabi Biswas. Logo de ler a novela e ver a súa versión escenificada, Dutt quixo adaptala. Foi ambientada no século XIX durante o Raj Británico e céntrase en Bhoothnath (Dutt), que coñece a Chhoti Bahu ( Kumari), a solitaria esposa dun zamindar (Rehman). A película segue o esforzo de Chhoti Bahu por manter o seu marido, ao que lle gusta beber e ver actuar a tawaif. Ela vólvese adicta ao alcohol, levando a ambos á bancarrota.[3]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 35ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Personaxes
O elenco está composto por:[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|