Adaminte Makan Abu (en malayalam: ആദാമിന്റെ മകൻ അബു) é un filme indio de 2011 rodado en lingua malayalam e escrito, dirixido e coproducido por Salim Ahamed. Está protagonizado por Salim Kumar e Zarina Wahab, xunto con Mukesh, Kalabhavan Mani, Suraj Venjarammoodu e Nedumudi Venu nos papeis secundarios. A fotografía é obra de Madhu Ambat e a banda sonora foi composta por Ramesh Narayan e Isaac Thomas Kottukapally. A película conta a historia de Abu (Kumar) un pobre vendedor de attar (unha especie de perfume) cuxo único desexo na vida é a peregrinación do Hajj, que se esforza moito por cumprir.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|