Visaranai (en támil: விசாரணை) é un filme indio de 2015 rodado en lingua támil e dirixido e escrito por Vetrimaaran. Baséase na novela Lock Up de M. Chandrakumar. Está protagonizado por Dinesh, Anandhi, Samuthirakani, Aadukalam Murugadoss, Kishore, Pradheesh Raj e Silambarasan Rathnasamy. O filme rata sobre a vida de dous homes antes e despois de ser lanzados a un escenario kafkiano[1] no cal son torturados para que confesen. Vetrimaaran dixo máis tarde que, nas secuencias de malleiras do filme, os actores foron realmente golpeados (o que foi criticado por algúns dos medios estranxeiros e un membro dos Globos de Ouro durante a campaña dos Óscar da película), e todos eles tiveron que someterse a sesións de asesoramento.[2][3]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.[5][6][7]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|