Rang De Basanti (en hindi: रंग दे बसंती) é un filme indio de 2006 escrito, producido e dirixido por Rakeysh Omprakash Mehra.[3] Está protagonizado por Aamir Khan, Siddharth (no seu debut nun filme hindi), Atul Kulkarni, Sharman Joshi, Kunal Kapoor, Alice Patten (no seu debut nun filme hindi) e Soha Ali Khan. Conta a historia dunha estudante de cinema británica que viaxa á India para documentar a historia de cinco loitadores pola liberdade do movemento de independencia da India. Ela escolle e fai amizade con cinco mozos para película, o que os inspira a loitar contra os males do seu propio goberno actual.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 79ª edición dos premios,[4][5] mais finalmente non foi nomeado.[6]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|