Koozhangal (en támil: கூழாங்கல்) é un filme indio de 2021 en lingua támil dirixido por P. S. Vinothraj.[1] O filme foi producido por Nayanthara e Vignesh Shivan baixo o selo Rowdy Pictures.[2] Conta con música composta por Yuvan Shankar Raja, coa fotografía de Jeya Parthipan e Vignesh Kumulai e foi editado por Ganesh Siva.
Estreouse na 50ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, celebrado nos Países Baixos o 4 de febreiro de 2021, onde recibiu o Premio Tige.[3] Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Personaxes
- Chellapandi como Velu[6]
- Karuththadaiyaan como Ganapathy[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|