Majhli Didi (en hindi: मझली दीदी) é un filme indio de 1967 rodado en lingua hindi e dirixido por Hrishikesh Mukherjee. Baséase na historia en lingua bengalí Mejdidi de Sarat Chandra Chattopadhyay. Está protagonizado por Meena Kumari e Dharmendra.[1]
Aínda que o filme non tivo un grande éxito de recadación,[2] considérase unha das obras máis valoradas de Hrishikesh Mukherjee.[3] Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 41ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|