The Times of India

The Times of India

Cartel publicitario nunha rúa de Mandawa
Formato de páxinaGran formato
Fundación3 de novembro de 1838
PropietarioThe Times Group
LinguaInglés
Periodicidadediaria
ISSN0971-8257
Número OCLC23379369
Na rede
http://www.timesofindia.com/
Facebook: TimesofIndia Twitter: timesofindia Instagram: thetimesofindia Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña).[1][2] É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.

En 2008, o xornal indicou que cunha circulación de máis de 3,14 millóns de exemplares estaba certificado pola Audit Bureau of Circulations como o diario máis vendido en inglés a nivel mundial, co cal se situaba no posto 8° como o periódico máis vendido no mundo en calquera idioma.[3] Segundo unha enquisa realizada na India en 2008, The Times of India era o xornal en inglés máis lido nese país, con 13,3 millóns de lectores.[4] Segundo ComScore, a versión en liña de TOI era a páxina web máis visitada dun xornal con 159 millóns de visitas en maio de 2009, superando as páxinas web de The New York Times, The Sun, The Washington Post, Daily Mail e USA Today.

Historia

The Times of India foi fundado o 3 de novembro de 1838 como The Bombay Times and Journal of Commerce, durante o Raj Británico.[5] O nome actual foi adoptado en 1861. Publicado cada sábado e mércores, o xornal lanzouse como unha edición bisemanal. Contiña noticias de Europa, América e o subcontinente indio, que eran transmitidas entre a India e Europa mediante barcos de vapor regulares. As edicións diarias dos xornais empezaron en 1850. No século XIX, a compañía empregaba máis de 800 persoas e tiña unha tirada considerable na India e Europa. Orixinalmente controlado e de propiedade británica, o seu último editor británico foi Ivor S. Jehu, que renunciou ao cargo en 1950. Foi despois da independencia da India cando a propiedade do xornal pasou a mans da entón famosa familia de industria de Dalmiya e, posteriormente, foi comprado por Sahu Shanti Prasad Jain do grupo Sahu Jain de Bijnore, Uttar Pradesh.

The Times of India publícao o grupo de medios de comunicación Bennett, Coleman & Co. Ltd. Esta compañía, xunto co grupo de compañías coñecido como The Times Group, tamén publica The Economic Times, Mumbai Mirror, o Navbharat Times (diario de gran formato en hindi) e o Maharashtra Times (diario de gran formato en marathi).

O Times declárase a si mesmo como un xornal liberal[6] e algunhas veces é descrito como irreverente.[7]

En xaneiro de 2007, lanzouse en Bangalore a edición en kanarés e en abril de 2008, lanzouse a edición en Chennai. Os seus principais rivais na India son The Hindu e Hindustan Times, que posúen a segunda e a terceira posición en canto a circulación.[8]

Notas

  1. "TOI Online is world's No.1 newspaper website". Times of India. 12 de xullo de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2007. 
  2. "Dailies add 12.6 million readers: NRS". The Hindu. 29 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2007. 
  3. "List of newspapers in the world by circulation". International Federation of Audit Bureaux of Circulations. 30 de xullo de 2008. 
  4. "Times now Masthead of the World". The Times of India. 30 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2007. 
  5. "The Times of India turns the Times of Colour". Televisionpoint.com. 26 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 16 de outubro d e2007. 
  6. Times of India Leader Article declaring its position. www.timesofindia.com
  7. "Indian press consider surprise result". BBC News. 14 de maio de 2004. Consultado o 25 de xullo de 2009. 
  8. "The Times of India consolidating in Chennai". Televisionpoint.com. 7 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 25 de xullo de 2009. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Auletta, Ken: "Citizens Jain – Why India's Newspaper Industry is Thriving". The New Yorker, 8 de outubro de 2012, páxinas 52 to 61.
  • Hirschmann, Edwin. "An Editor Speaks for the Natives: Robert Knight in 19th Century India," Journalism Quarterly (1986) 63#2 pp. 260–267
  • Merrill, John C. e Harold A. Fisher. The world's great dailies: profiles of fifty newspapers (1980) pp. 330–33
  • Menon Malhan, Sangita P. The TOI Story: How a Newspaper Changed the Rules of the Game (2013) HarperCollins India

Ligazóns externas