En maio de 1857, soldados do exército británico coñecidos como sipaio, os cales proviñan principalmente de unidades musulmás de Bengala. Estes amotináronse na gornición de Meerut, a 80 km ó noroeste de Delhi.
Os amotinados marcharon contra Delhi a ofrecer os seus servizos ó emperador mogol e pouco despois na maior parte do norte e centro da India estalou a inrresurrección que durou un ano.
O motín
O motín representou o estoupido dun resentimento cada vez máis forte da poboación india contra o goberno británico. Antes da rebelión, os británicos lograron apagar numerosas revoltas menores ou tribais ou aceptaron outorgar certas concesións nalgunhas disputas. Porén dos acontecementos, -un marcado por unha tendencia e outro un feito illado-, a rebelión comezou en 1857.
A rebelión envolveu a maior parte do norte da India, incluíndo Oudh e varios estados que pasaron da rexencia Maratha á Compañía. Os británicos tomados por sorpresa quedaron aterrorizados e paralizados e sen reemprazos para as baixas no seu exército. A Guerra Civil provocou o caos onde cada comunidade sufriu humillacións e triunfos en batalla, se ben foron finalmente os británicos quen obtiveron a vitoria. O derradeiro continxente sipaio en renderse foi o de Gwalior (Madhya Pradesh), un dos principais focos da rebelión, o 21 de xuño de 1858. Os derrotados rebeldes fuxiron cara Nepal.
O sur da India, por outra parte, permaneceu fora do conflito a pesar de ser un bastión baixo o poder británico.
Consecuencias da guerra
A guerra civil foi un elemento determinante de cambio na India. En maio de 1858, os británicos exiliaron ó emperador Bahadur Shah Zafar (1837-1857) a Birmania, liquidando formalmente o Imperio mogol. Ó mesmo tempo aboliuse a Compañía Británica das Indias Orientais e foi substituída pola administración directa da coroa. Os británicos proclamaron que os príncipes, xefes e pobo indio recibirían o mesmo trato baixo as leis británicas e a raíña Vitoria foi proclamada Emperatriz da India. A semente da desconfianza quedou no pobo hindú como herdanza da rebelión de 1857.
Notas
↑Oxford English Dictionary, 2nd edition, 1989: from Skr.rāj: to reign, rule; cognate with L.rēx, rēg-is, OIr.rī, rīg king (see RICH).