Na Enciclopedia da Emigración Galega en liña[1] mencionan que na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, referíndose á fundación o 9 de febreiro de 1945 do Lar Gallego de Caracas por Mosqueira Manso entre outros, nomearon socios de honra a Andrés Eloy Blanco e a Rómulo Gallegos, e subliñan:
a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso, Bueu, e o Ministro de Relacións Exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.[2]
Está considerado o novelista venezolano máis relevante do século XX e un dos máis grandes literatos latinoamericanos de todos os tempos. Algunhas das súas novelas como Doña Bárbara pasaron a converterse en clásicos da literatura hispanoamericana.
Político
Exerceu o cargo de Presidente de Venezuela en 1948 por escasos nove meses, e converteuse no primeiro mandatario presidencial do século XX elixido de maneira directa, secreta e universal polo pobo venezolano, e foi o Presidente da República que obtivo a maior porcentaxe de votos ao seu favor en eleccións populares celebradas no país en todos os tempos, con máis do 80% da totalidade dos votos. Foi apartado do poder debido ao golpe de Estado de 1948, liderado por Carlos Delgado Chalbaud.