Ruth Prawer Jhabvala, nada en Colonia o 7 de maio de 1927 e finada en Nova York o 3 de abril de 2013, foi unha escritora e guionista británica-alemá[1] e estadounidense. É talvez máis coñecida pola súa longa colaboración coa Merchant Ivory Productions, formada polo cineasta James Ivory e o produtor Ismail Merchant.
Moitas das súas novelas están ambientados na India, como Heat and Dust, premiada co Booker Prize en 1975. É a única persoa que gañou tanto este premio como un Óscar.[2]
Traxectoria
Jhabvala naceu en Alemaña oriúnda dunha familia de xudeus polacos e emigrou a Inglaterra coa súa familia en 1939.
Tras coñecer o arquitecto Cyrus Jhabvala in England, casou con el e foi marchou para a India en 1951.[3] A parella viviu en Delhi e tivo tres fillas, Ava, Firoza e Renana.[4][5] Jhabvala comezou entón a elaborar as súas experiencias na India e escribiu novelas e contos sobre temas indios.
En 1963, Jhabvala recibiu a encarga de James Ivory e Ismail Merchant para que escribise o guión para o seu primeiro filme, The Householder, baseado na súa novela de 1960. Máis adiante, Merchant dixo que durante o seu primeiro encontro, Jhabvala, tratando de evitalos, finxiu ser a asistenta da casa cando a visitaron. O filme, estreado por Merchant Ivory Productions en 1963 e protagonizado por Shashi Kapoor e Leela Naidu, recibiu eloxios da crítica e marcou o comezo dunha colaboración que deu lugar a máis de vinte filmes.[4]
En 1975 Jhabvala mudouse a Nova York e dividiu o seu tempo entre a India e os Estados Unidos. En 1986 converteuse en cidadá estadounidense.[6]
Obras
- To Whom She Will: a Novel (1955).
- The Nature of Passion (1956).
- Esmond in India (1958)
- The Householder (1960)
- Get Ready for Battle (1962)
- Like Birds, Like Fishes (1963)
- A Backward Place (1965)
- A Stronger Climate (1968)
- An Experience of India (1971)
- A New Dominion (1972)
- Heat and Dust (1975)
- How I Became a Holy Mother and other stories (1976)
- In Search of Love and Beauty (1983)
- Out of India (1986)
- Three Continents (1987)
- Poet and Dancer (1993)
- Shards of Memory (1995)
- East Into Upper East: Plain Tales from New York and New Delhi (1998)
- My Nine Lives (2004)
- A Lovesong for India: Tales from East and West (2011)
Premios
Notas
- ↑ Ruth Prawer Jhabvala dies at 85; Oscar-winning screenwriter
- ↑ Childs, Martin (4 de abril de 2013). "Ruth Prawer Jhabvala: Author and screenwriter who won two Oscars and the Booker Prize". The Independent. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Journal of the Indian Institute of Architects vol. 29 and 30, ed. S. Kumar, 1963, p. 41
- ↑ 4,0 4,1 "She came, she saw, she wrote". The Hindu. 4 de abril de 2013. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Watts, Janet (3 de abril de 2013). "Ruth Prawer Jhabvala obituary". The Guardian. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Raw, Laurence (2012). Merchant-Ivory: Interviews. University of Mississippi. pp. xix–xxii. ISBN 978-1-61703-237-0.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Ruth Prawer Jhabvala". Merchant Ivory Productions. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Ruth Prawer Jhabvala". British Council. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 6 de abril de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas