Unha habitación con vistas[3] (en inglés: A Room with a View) é un filme británico de 1985, dirixido por James Ivory e producido por Ismail Merchant, baseado na novela homónima de E. M. Forster (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por Helena Bonham Carter e Julian Sands e inclúe a Maggie Smith, Denholm Elliott, Daniel Day-Lewis, Judi Dench e Simon Callow en papeis secundarios.
O filme foi un éxito de crítica e de público. Na 59ª edición dos Óscar foi candidato a oito premios incluíndo o de mellor filme e gañou tres: mellor guión adaptado, mellor dirección artística e mellor deseño de vestiario. Gañou tamén cinco premios BAFTA e un Globo de Ouro. En 1999, o British Film Institute colocou Unha habitación con vistas no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.
Foi emitido na TVG o 15 de xullo de 2000.[4]
Argumento
Lucy Honeychurch e a súa prima Charlotte Bartlett pasan unhas vacacións en Florencia, onde ela se namora de George. Charlotte impide que o romance prospere. Lucy regresa a Inglaterra, onde se promete a un home chamado Cecil Vyse. A chegada de George á campiña provoca unha catarse nela.
Elenco
Notas
- ↑ "A Room with a View (PG)". British Board of Film Classification. 1-1-1986. Consultado o 16-11-2016.
- ↑ "Bad Beginning." Sunday Times [London, England] 15 de xuño de 1986: 45. The Sunday Times Digital Archive. Web. 8 de abril de 2014.
- ↑ En galego o termo habitación non é correcto como sinónimo de cuarto ou estancia. Porén, para o caso do filme, o título dado foi o que se indica: Unha habitación con vistas.
- ↑ Programación