Rosa Casás Rama, nada en Cerceda en 1913 e finada na Coruña en 2005, foi unha cantareira galega.[1]
Traxectoria
Era filla de solteira. Emigrou a Nottingham (Reino Unido). Na década dos oitenta regresou a Galicia. Tamén traballou en labores agrarios, durante os cales cantaba. Xunto coa súa tía Adolfina Casás Rama, destacou polo seu enxeño e polos moitos estilos empregados. Dorothé Schubart e Antón Santamarina recolleron moitas das cantigas que elas cantaban no Cancioneiro Popular Galego. Schubart valorou "a súa variedade de melodías, a orixinalidade das coplas e a capacidade de improvisación".[1]
Foi proposta, canda a súa tía e Florencio López Fernández, como figura homenaxeada para as Letras Galegas do ano 2024.[1] Finalmente, foi escollida, xunto con súa tía Adolfina, Eva Castiñeira, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada en 2025.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos