Prudencia Garrido Ameixenda[1], tamén coñecida como Prudencia de Beán,[2] nada en Asalo (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1905 e finada en 1993, foi unha cantareira galega.[1]
Traxectoria
Traballou como labrega.[1] Xunto con súa irmá Asunción, Manuela Lema Villar, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1]
Foi escollida, xunto con súa irmá Asunción, Manuela Lema, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos