Roosendaal

Modelo:Xeografía políticaRoosendaal
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°32′N 4°27′L / 51.53, 4.45
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasBrabante do Norte
ConcelloRoosendaal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación76.959 (2017) Editar o valor en Wikidata (718,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie107,16 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal4700–4709 e 4724–4727 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código BAG1588 Editar o valor en Wikidata

Sitio webroosendaal.nl Editar o valor en Wikidata

Roosendaal é un concello e unha cidade no sur dos Países Baixos. Xunto coas cidades circundantes formaba o municipio chamado Roosendaal en Nispen. Dende o 1 de xaneiro de 1997 os municipios de Roosendaal en Nispen e Wouw fusionáronse e pasaron a formar o concello chamado sinxelamente Roosendaal.

Núcleos de poboación

  • Roosendaal (66.660 habitantes)
  • Wouw (4,.920 habitantes
  • Heerle (1.900 habitantes
  • Nispen (1.440 habitantes
  • Wouwse Plantage (1.230 habitantes)
  • Moerstraten (660 habitantes)

Trasporte

Estación Ferrocarrís de Roosendaal

Na cidade hai unha estación de ferrocarrís: a Station Roosendaal. A cidade é un importante nó ferroviario, o servizo Zwolle-Roosendaal comeza e remata nesta estación e ademais atravesa a cidade o tren internacional de Ámsterdan-Bruxelas, ao igual que o tren expreso de Ámsterdan-Vlissingen. Tamén hai unha parada de servizo de Anveres.

Historia

A historia de Roosendaal remóntase aos séculos XII e XIII. O nome de Rosendaele menciónase por primeira vez nun documento de 1268. Roosendaal foi sempre parte do Brabante do Norte. Na Idade Media, Roosendaal medrou como resultado da turba de negocios, máis a guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) puxo fin ao crecemento. Durante décadas o campo de Roosendaal estivo abandonado.

Durante o reinado do Rei Lois Napoleón de Reino de Holanda, Roosendaal recibiu os dereitos de cidade, concretamente en 1809. A cidade é fogar do equipo de fútbol RBC (Roosendaal Boys Combinatie).

Eventos

  • Entroido
  • Carreira ciclista Draai van de Kaai

Ligazóns externas