Os primeiros asentamentos na zona datan de ao redor do ano 1000, e non lle foron concedidos os dereitos de cidade até o ano 1232.
O centro de Helmond ten un castelo que foi construído por Jan van Berlaer III ao redor do ano 1350. A cidade posúe moitas empresas téxtiles. A Vlisco[1] é unha compañía de moda situada xunto á canle que atravesa a cidade, a Zuid-Willemsvaart .