Boxtel é un concello e unha cidade ao sur dos Países Baixos, na provincia de Brabante do Norte. Esta vila é a orixe da familia van Boxtel, con numerosos descendentes en Brabante do Norte.
A cidade foi o lugar da Batalla de Boxtel, en setembro de 1794 durante a campaña de Flandres, durante as Guerras Revolucionarias Francesas. A miúdo é lembrada como a primeira batalla do Duque de Wellington.