Ten unha poboación de arredor de 50.000 habitantes e está situado preto das autoestradas A59 e N261. As vilas de Capelle, Vrijhoeve-Capelle, Sprang (o antigo municipio de Sprang-Capelle) e Waspik forman xunto coa cidade de Waalwijk o municipio de Waalwijk. A cidade ten unha das igrexas máis sorprendentes dos Países Baixos: a Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán). A igrexa ten o estilo dunha mesquita, pero se posúe e utiliza como lugar de adoración pola parroquia de San Xoán Católico. A cidade ten un centro histórico moi antigo, recentemente modernizado.
Núcleos de poboación
's Grevelduin-Capelle (3.000 habitantes)
Sprang-Capelle (10.056 habitantes)
Waalwijk
Waspik (5.120 habitantes)
A cidade
A cidade de Waalwijk adoitaba ser moi coñecida polo seu mercado de zapatos. O dereito de cidade foille outorgado en 1303, e nela xoga o equipo de fútbolRKC Waalwijk.
Waalwijk é coñecida tamén por un evento o "80 van de Langstraat", que se celebra cada setembro, e no que uns poucos miles de persoas camiñan 80 quilómetros a pé a través de tódalas cidades que forman parte da rexión do Langstraat.
Outros eventos coñecidos da cidade son:
Modestad Waalwijk (Waalwijk Fashion City): fin de semana da moda.
Nacht van het levenslied (Noite da canción neerlandesa), acto no que actúan cantantes neerlandeses.
Straattheaterfestival (Festival de teatro na rúa): unha fin de semana chea de artistas e actos de teatro polas rúas da cidade.