Ramón García Briones

Modelo:BiografíaRamón García Briones
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, avogado, arquitecto, xornalista Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1279274 BUSC: garcia-briones-ramon-1912

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Traxectoria

Traballou como auxiliar administrativo interino na Junta de Obras del Puerto de Vilagarcía de Arousa. Participou da actividade cultural de Vilagarcía e foi amigo de Aquilino Iglesia Alvariño, Celestino Noya ou Luís Viñas Cortegoso.[1] Colaborou nos xornais La Noche, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e nas revistas Vida Marítima, La Estafeta Literaria e Revista de Economía de Galicia. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.[2]

Obras

  • Plan Comarcal Compostela.
  • Jesús el Gallego y otros relatos.

Recoñecementos

Recibiu o Premio Pérez Lugín polos seus artigos literarios na prensa diaria e o Premio Enrique Lorenzo. Recibiu a Medalla Castelao en 1987.

Notas

  1. O faiado da memoria, Aquilino e Daniel
  2. La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6.

Véxase tamén

Ligazóns externas