La Estafeta Literaria

La Estafeta Literaria
PaísEspaña
LugarMadrid
Lingualingua castelá
Fundación1944
Circulación
ISSN0014-1186
OCLC2244909
editar datos en Wikidata ]

La Estafeta Literaria foi unha revista quincenal cultural editada en Madrid en 1944.

Historia e características

Editada pola Delegación Nacional de Prensa, dirixiuna inicialmente Juan Aparicio. Nos seus artigos incluía referencias á poesía subxectiva, aos escritores do 98 e ao seu pesimismo, aos experimentos vangardistas, á poesía española do século XIX e á xeración do 27. Tamén tiveron cabida na revista os poetas garcilasistas. Cesou na súa primeira etapa en 1946.

A súa segunda época desenvolveuse entre 1956 e 1957. Na terceira etapa, ata 1962, dirixiuna Rafael Morales e a edición correu a cargo do Ateneo de Madrid. Na cuarta etapa (1962-1968) levou a dirección Luis Ponce de León e a edición dependeu da Editora Nacional. En tres dos números editados en 1965 apareceron un Mapa literario de Galicia e un Dicionario de escritores.[1][2][3]

Na quinta e última etapa, a partir de 1968 e ata 1977, exerceu como director Ramón Solís. Dedicouse á información cultural, á crítica e á creación literaria. En 1978 modificou o seu nome polo de Nueva Estafeta e desapareceu definitivamente en 1983.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas