Pokémon Trading Card Game, estreado orixinalmente no Xapón como Pokémon Card GB (ポケモンカードGB, Pokemon Kādo Jī Bī?) é un videoxogo que é unha adaptación do xogo de cartas coleccionables do mesmo nome, que á súa vez está baseado na serie de videoxogos de Pokémon. Desenvolvido por Hudson Soft e publicado por Nintendo, lanzouse no mercado nipón en decembro de 1998. A versión en inglés apareceu en Norte América en abril de 2000 e en Europa o decembro seguinte.
Un segundo xogo para Game Boy Color, Pokémon Card GB2: Great Rocket-Dan Sanjō! (ポケモンカードGB2 GR団参上!, Pokémon Card GB2: Here Comes Team Great Rocket!?), foi estreado no Xapón en marzo de 2001. O xogo non foi estreado nin en Norte América nin en Europa. Un engadido da secuela é a posibilidade de escoller o xénero da personaxe do xogador.
Acollida
Pokémon Trading Card Game vendeu 607 193 copias no Xapón a finais de 1999, converténdose no vixésimo xogo de consola máis mercado ese ano na rexión.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Serie orixinal | | |
---|
Serie spin-off | |
---|
|