Pokémon Trozei!, (ポケモントローゼ, Pokemon Torōze?), comercializado como Pokémon Link! en Europa, é un videoxogo de crebacabezas da serie Pokémon desenvolvido para a consola Nintendo DS. Lanzouse no Xapón o 20 de outubro de 2005, en América do Norte o 6 de marzo de 2006, en Australia o 28 de abril de 2006 e en Europa o 5 de maio de 2006.
Acollida
Pokémon Trozei! recibiu unha puntuación de 8,25 sobre 10 por Game Informer sendo considerado "á vez encantador e desafiante para que mesmo aqueles que sintan náuseas ó pensar en Pokémon o reciban de todos os xeitos."[2] Nintendo Power, que outorgou ó xogo un 8,5 sobre 10, fíxose eco dese sentir, declarando que "un xogo elegante que é unha marabilla, sexas ou non fanático [de Pokémon]".[8] Alex Lucard de Diehard Game Fan deulle unha puntuación de 5,5 declarando que Pokemon Puzzle Challenge é mellor e máis barato.[10]
Notas
|
---|
|
Serie orixinal | | |
---|
Serie spin-off | |
---|
|