Pokémon Sword e Shield: The Isle of Armor (en xaponés: ポケットモンスター ソード・シールド 鎧の孤島; Poketto Monsutā Sōdo Shīrudo: Yoroi no Kotō) é un dos dous packs de expansión descargables en Pokémon Sword e Shield Expansion Pass para os videoxogos de rol de 2019 Pokémon Sword e Shield en Nintendo Switch. Foi desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch. Distribuíuse internacionalmente o 17 de xuño de 2020.[2] Precede ó outro pack, titulado The Crown Tundra (lanzado o 22 de outubro de 2020). O paquete físico Pokémon Sword and Shield Expansion Pass foi lanzado o 6 de novembro de 2020.[3]
O engadido do Expansion Pass substituíu a necesidade dunha terceira versión ou secuela de Sword e Shield.[4] Esta expansión está ambientada na área da Isle of Armor, baseada na Illa de Man, que se atopa na costa da rexión de Sword e Shield coñecida como Galar.[5] O xogador controla o protagonista durante a súa viaxe a través da illa, fogar do antigo campión da rexión de Galar e da súa familia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Serie orixinal | | |
---|
Serie spin-off | |
---|
|