Pokémon Platinum Version é un videoxogo de rol de 2008 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. É unha versión mellorada de Pokémon Diamond e Pearl e forma parte da cuarta xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Estreouse no Xapón o 13 de setembro de 2008, e en América do Norte, Australia e Europa no ano 2009. Os desenvolvedores crearon Platinum co obxectivo de facelo unha versión máis forte de Diamond e Pearl, os cales eles describiron como os títulos "definitivos" de Pokémon.
En Platinum, controla un personaxe masculino ou feminino e comeza cun dos tres Pokémon iniciais que lle ofrece o Profesor Rowan. O Pokémon de portada é Giratina, que xoga un papel central no argumento do xogo. Mentres que este Pokémon só tiña unha forma en Diamond e Pearl, en Platinum ten unha nova forma alternativa e unha nova área para explorar chamada "Distortion World", que presenta unha física alterada respecto da rexión normal de Sinnoh, na cal está ambientado o xogo. O modo de xogo permanece fiel á mecánica tradicional de Pokémon. Os xogadores exploran unha grande area, que abrangue dende as montañas a corpos de auga, pradeiras, cidades e extensións nevaas. Ó igual que nos títulos anteriores, os xogadores capturan Pokémon para loitar en batallas por quendas contra outros Pokémon.
Pokémon Platinum conseguiu valoracións positivas por parte da crítica, conseguindo puntuacións de 84 e 83,14% en Metacritic e GameRankings respectivamente. Foi eloxiado como o mellor xogo de Pokémon xamais feito e recibiu boas críticas polos engadidos respecto de Diamond e Pearl en publicacións como IGN, Nintendo Power e GamePro, malia que tamén houbo voces que o consideraron semellante demais en relación ós títulos anteriores. IGN clasificouno no noveno posto de mellores xogos creados para Nintendo DS,[1] e conseguiu un nomeamento ó mellor xogo de rol de DS do ano 2009. Foi o xogo máis vendido no Xapón nese momento e vendeu 7,06 millóns de copias en todo o mundo até o 31 de marzo de 2010.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Serie orixinal | | |
---|
Serie spin-off | |
---|
|