Pokémon Sword e Shield: The Crown Tundra (en xaponés: ポケットモンスター ソード・シールド 冠の雪原, Poketto Monsutā Sōdo Shīrudo: Kanmuri no Setsugen) é o segundo dos dous packs de expansión descargables en Pokémon Sword e Shield Expansion Pass para os videoxogos de rol de 2019 Pokémon Sword e Shield en Nintendo Switch. Foi desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch. Distribuíuse internacionalmente o 22 de outubro de 2020.[1][2] É o sucedor do outro pack, titulado The Isle of Armor (lanzado o 17 de xuño de 2020). O paquete físico Pokémon Sword and Shield Expansion Pass foi lanzado o 6 de novembro de 2020.[3]
O engadido do Expansion Pass substituíu a necesidade dunha terceira versión ou secuela de Sword e Shield.[4] Esta expansión está ambientada na área nevada coñecida como Crown Tundra, baseada en Escocia, na rexión de Sword e Shield coñecida como Galar. O xogador controla o protagonista durante a súa viaxe a través da tundra, o fogar de Pokémon lendarios novos e vellos dos xogos anteriores.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Serie orixinal | | |
---|
Serie spin-off | |
---|
|