Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire

Pokémon Omega Ruby
Pokémon Alpha Sapphire
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)Nintendo, The Pokémon Company
Director(es)Shigeru Ohmori
Deseñador(es)Masafumi Saito
Kazumasa Iwao
Masafumi Nukita
Suguru Nakatsui
Escritor(es)Masafumi Nukita
Suguru Nakatsui
Hitomi Sato
Artista(s)Mana Ibe
Ken Sugimori
Yusuke Ohmura
Compositor(es)Shota Kageyama
Minako Adachi
Hideaki Kuroda
Hitomi Sato
Lanzamento Xapón 21 de novembro de 2014
 Europa 28 de novembro de 2014
 Estados Unidos 21 de novembro de 2014
 Australia 21 de novembro de 2014
XéneroRol
Modos de xogovideoxogo para un xogador, videoxogo multixogador e Xogo en liña
Clasificación PEGI
ESRB
CERO
USK
Plataforma(s)Nintendo 3DS
Nintendo 2DS
SeriePokémon
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-omega-ruby-and-pokemon-alpha-sapphire/
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Omega Ruby (en xaponés: ポケットモンスター オメガルビー; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en xaponés: ポケットモンスター アルファサファイア; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon[1] e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.[2]

Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.[3]

Desenvolvemento

Os fans de Pokémon estiveron especulando sobre o posible lanzamento dos remakes de ‘Ruby’ e ‘Sapphire’ durante anos, vendo múltiples referencias nos videoxogos sobre a rexión na que se desenvolve a trama, Hoenn, en Pokémon X e Y, do 2013. De feito, "Hoenn Confirmed" foi un meme moi empregado polos especuladores.

Notas

  1. "Pokémon Omega Ruby and Pokémon Alpha Sapphire". Pokemon.com. Nintendo/The Pokémon Company. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  2. Scullion, Chris (7 de maio de 2014). "Pokemon Ruby & Sapphire remakes coming to 3DS". Computer and Video Games. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  3. "IR Information : Financial Data - Top Selling Title Sales Units - Nintendo 3DS Software". Nintendo Co., Ltd. (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas