Pere Bosch i Gimpera |
|
Nacemento | 22 de marzo de 1891 Barcelona, España |
---|
Morte | 9 de outubro de 1974 (83 anos) Cidade de México |
---|
|
Minister of Justice and Law (en) |
---|
20 de xuño de 1937 – 1 de abril de 1939 ← Juan Comorera y Solé |
Rector of the University of Barcelona (en) |
---|
18 de xullo de 1933 – 22 de febreiro de 1939 ← Jaume Serra i Húnter (en) – Emilio Jimeno Gil → |
Catedrático de universidade |
---|
|
|
|
Educación | Institución Libre de Enseñanza |
---|
|
Campo de traballo | Arqueoloxía, historia e antropoloxía |
---|
Lugar de traballo | Barcelona |
---|
Ocupación | arqueólogo, historiador, profesor universitario, político, prehistoriador, antropólogo, historiador da arte, escritor |
---|
Empregador | Universidade de Barcelona Universidade de Heidelberg Universidade de París Universidade de Oxford Universidade Nacional Autónoma de México |
---|
Partido político | Acció Catalana |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Julio Martínez Santa-Olalla |
---|
|
Doutorando | Lluís Pericot i Garcia |
---|
|
Fillos | Carlos Bosch García |
---|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Pere Bosch i Gimpera (Barcelona 1891 - México 1974) foi un arqueólogo e prehistoriador e unha das personalidades científicas de Cataluña (España) máis coñecidas internacionalmente. Asinaba, ás veces, como Pedro Bosch Gimpera.
Biografía
Pere Bosch i Gimpera naceu en Barcelona o 22 de marzo de 1891. Comezou estudos de Dereito, mais pasou a realizalos de Filosofía e Letras. Trasladouse a Berlín entre 1911 e 1914, onde fixo estudos de Filoloxía Clásica e Prehistoria. En 1911 doutorouse en letras e en 1913 en Historia. As súas primeiras publicacións versaron sobre a civilización cretomicénica (1912) e sobre a orixe da traxedia grega (1913). Tamén traduciu a Homero. No ano 1915 foi nomeado director do servizo de escavacións do Institut d'Estudis Catalans e en 1916 gañou a cátedra de Historia Antiga na Universidade de Barcelona. En 1919 publicou Prehistoria catalana. Xa desde aquela época primeira mostrouse decididamente partidario do uso da lingua catalá nas publicacións científicas.
A partir de 1919 e até a súa morte mantería amizade e correspondencia privada co seu alumno e compañeiro Lluís Pericot i Garcia.
Coa obra Etnografía de la Península Ibérica (1932) desenvolveu teses innovadoras que lle deron sona. No ano 1933 é elixido reitor da Universidade de Barcelona. Implicado na política da Generalitat de Cataluña, republicana, ocupou o cargo de Conselleiro de Xustiza baixo a presidencia de Lluís Companys. Xunto con outros membros do goberno catalán foi encarcerado no buque "Uruguay", despois dos feitos do 6 de outubro de 1934, suceso que provocaría protestas internacionais.
Logo da guerra civil houbo de se exiliar en México. Posteriormente foi sometido a unha campaña de desprestixio na Universidade de Barcelona baixo dominio franquista. No país azteca sería profesor da Universidade Autónoma e máis da Escola Nacional de Arqueoloxía da Universidade de México. En 1945 publicou en México La formación de los pueblos de España.
No ano 1971 obtivo a nacionalidade mexicana.
Obra
Bosch i Gimpera publicou varios libros e decenas de artigos. Entre os primeiros cabe sinalar:
- Prehistoria catalana (1919).
- La arqueología prerromana hispánica (1920), apéndice a Hispania de Adolf Schulten.
- Pyrenäenhalbinsel, in Ebert, M. (ed), Reallexicon der Vorgeschichte, X, 1927-28.
- Etnología de la Península Ibérica (1932).
- El poblamiento y la formación de los pueblos de España (1945).
- El Próximo Oriente en la Antigüedad (1964).
- El problema indeuropeo (1968).
- La Universitat i Catalunya (1969).
- Historia de Oriente (1971).
- Prehistoria de Europa: Las raíces prehistóricas de las culturas de Europa (1975).
Véxase tamén
Ligazóns externas