Nas moedas creadas por el, Metcafe gravaba adoito as súas iniciais ("PM") a modo de marca de gravador.
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Perrcy Metcalfe naceu o 14 de xaneiro de 1895 en Longfield Terrace, Alverthorpe, na vila de Wakefield, no condado inglés de Yorkshire occidental,[1][2] segundo fillo de Hannah Thorpe e de John Metcalfe,[3] que era mecánico en Alverthorpe.[4]
Entre 1910 e 1914 a súa formación artística xeral na Escola de Arte de Leeds e, logo de gañar un premio para unha exposición real, ingresou no Royal College of Art de Londres,[4][5] onde recibiu a influencia do escultor Francis Derwent Wood, con quen traballou.[3]
Metcalfe cumpriu o servizo militar durante a primeira guerra mundial no corpo da Artillaría Real.[5] Neste período resultou gravemente ferido nunha perna, o que condicionou a súa carreira posterior, xa que se viu obrigado a relegar o seu interese pola escultura, ao non poder ficar moito tempo de pé.[6] Logo do conflito, en 1919 foi desmobilizado e retomou os seus estudos no Royal College of Art —do que chegou a ser membro asociado—, e en 1921 viaxou a París grazas a unha bolsa de estudos.[3][4]
Carreira artística
De volta a Londres, Metcalfe pasou catro anos traballando no estudio do artistaCharles Sargeant Jagger. De camiño empezou a recibir recoñecementos polo seu labor artístico. Participou na Exposición do Imperio Británico de 1924,[5] onde gañou a medalla de bronce pola súa obra escultórica do "león de Wembley".[7] No marco desta gran exposición producíronse as primeiras colaboracións de Metcalfe coa Royal Mint de Londres, consistentes en deseños de medallas para os expositores unha medalla de recordo, algunhas das cales foron cuñadas no propio lugar da exposición.[6][8] A partir desta experiencia, Metcalfe comezou a recibir numerosas encargas tanto públicas como privadas, entre eles medallas de bronce para a exposición de Wembley (1925) e para celebrar a visita a Inglaterra do reiFuad I de Exipto en 1927.[3]
Metcalfe traballou principalmente como escultor, gravador e deseñador, e os seus éxitos máis salientables chegáronlle cos seus deseños para medallas, grandes selos e, sinaladamente, moedas. Logo do seu éxito co deseño das primeiras moedas do Estado Libre de Irlanda, o subdirector da Royal Mint, de Londres, brindoulle a posibilidade de participar no deseño dun bo número de moedas para diversos territorios de soberanía británica e, paralelamente, seguiu recibindo importantes encargas de diversos tipos, entre eles diversos deseños de obras decorativas interiores en bronce e outros metais para edificios públicos, comercios e outras empresas.[1][3]
Entre outros encontros artísticos salientables, Metcalfe participou na exposición anual do Instituto Real de Belas Artes de Glasgow (1925-1926), na exposición de artistas de Yorkshire, da Leeds City Art Gallery (1933), na exposición do centenario do Leeds College of Arts (1946) e na exposición de verán da Royal Academy of Arts de 1938.[1]
En 1937, a Royal Society of Arts (RSA) recoñeceu o labor artístico de Metcalfe outorgándolle o título de Deseñador Real para a Industria (RDI), o máximo galardón que se concede aos deseñadores no Reino Unido.[9] Ese mesmo ano foi nomeado tamén membro da Real Orde Vitoriana.[3][5]
Vida persoal
En 1920, Percy Metcalfe casou en Kensington con Eveline Mabel Smith,[5] con quen tivo dúas fillas: Helen e Jeanne.[3][4]
Percy Metcalfe é coñecido por ser o deseñador de numerosas moedas, sinaladamente de Irlanda, do Reino Unido e territorios da súa soberanía, e tamén doutros, como Exipto.[11]
Moeda irlandesa
En 1926 aprobouse a Lei da Moeda do Estado Libre Irlandés, e Metcalfe gañou o concurso para o deseño das novas moedas,[3] convocado pola Comisión Irlandesa de Moeda, presidida polo peta William Butler Yeats.[13] Esta primeira serie emitiuse a partir de 1928 e estaba composta por oito moedas, entre o feoirling (¼ penique) de bronce e a ½ coróin (2 xilins e 6 peniques).[14][15]
Para o anverso de toda esta serie elixiuse un deseño de Metcalfe consistente nunha arpa gaélica, baseado na arpa do Trinity College. O seu deseño da arpa, con lixeiras modificacións doutros artistas, mantívose posteriormente nas emisións monetarias irlandesas,[16] mesmo despois da chegada do euro en 2002. Pola súa banda, para os reversos Metclaf creou un deseño específico para cada moeda, baseado en diferentes animais: cabalo, salmón, touro, can lobeiro irlandés, lebre, galiña, porco e paxaro (Scolopax).[15][17][18] Esta serie, producida pola Royal Mint, de Londres, coñeceuse popularmente como Barnyard Collection ("colección do curral") e,[19] malia gozar dun bo acollemento pola poboación, recibiu críticas por parte de diversos estamentos, destacadamente da Igrexa, pola ausencia no deseño de simboloxíarelixiosa.[3]
Entre 2010 e 2012, o Banco Central de Irlanda emitiu tres moedas conmemorativas con valor facial de 15 euros nas que outros gravadores renden homenaxe a Metcalfe reinterpretando tres dos seus reversos de animais, concretamente o cabalo (2010),[20] o salmón (2011)[21] e o lobeiro irlandés (2012).[22]
Moeda británica e dos territorios de Ultramar
Metcalfe ocupouse tamén do deseño de diversas moedas para o Reino Unido. En 1935, con motivo da celebración dos 25 anos de reinado de Xurxo V (1910-1936), emitiuse unha moeda dunha coroa conmemorativa. Para o anverso da moeda tomouse o busto do monarca deseñado por Edgar Bertram MacKennal e que aparece igualmente noutras moedas, en tanto que para o reverso se lle encargou a Percy Metcalfe un deseño específico, que consistiu nunha imaxe de San Xurxo a cabalo e sobre un dragón.[23] Por mor do evidente deseño modernista, esta creación de Metcalfe non chegou a merecer moito crédito por parte dos coleccionistas numismáticos.[24]
En 1936, Metcalfe deseñou o busto coroado de Eduardo VIII (1936) para os anversos ordinarios das emisións británicas para ultramar, que, malia ser aprobado polo monarca, non chegou a ser utilizado en ningunha cuñaxe para a circulación antes da abdicación de Eduardo no mes de decembro dese mesmo ano.[26][27]
Percy Metcalfe fixo tamén diversos deseños para moedas doutros países, nalgúns casos membros da Commonwealth e noutros non vinculados ao pasado colonial británico:[11]
Ademais de moedas de curso legal, Percy Metcalfe foi tamén autor de traballos de medallística moi sinalados. En 1937, para conmemorar a coroación de Xurxo VI e a raíña Isabel, a Royal Mint de Londres emitiu unha medalla deseñada por el, en cuxo anverso aparece unha representación dos bustos acaroados da parella real.[36] Dous anos máis tarde, este deseño do anverso foi utilizado novamente para unha medalla conmemora da visita que Xurxo e Isabel fixeron a Norteamérica, emitida pola Real Casa da Moeda do Canadá.[13][37]
Por outra parte, o deseño de Metcalfe para o anverso da primeira serie de moedas do Estado Libre Irlandés adoptouse posteriormente como base do Gran Selo do Estado Libre Irlandés en 1923 e seguiu a constituír o modelo de todas as representacións oficiais do emblema da arpa nos selos de Estado, na moeda irlandesa posterior e no escudo de armas da República de Irlanda.[38]
Percy Metcalfe foi tamén o creador da Cruz de Xurxo en 1940. A Cruz de Xurxo é a segunda na orde de uso no sistema de honras do Reino Unido e é a máis alta condecoración ao valor para civís, así como para membros das forzas armadas en accións polas que normalmente non se concederían honras puramente militares. Este deseño de Metcalfe incorporouse tamén na bandeira de Malta, en recoñecemento á valentía demostrada por esta illa durante o seu asedio na Segunda Guerra Mundial.
Unha das súas obras escultóricas é o monumento de guerra en bronce en Durban, Suráfrica (1929).[5][45]
Notas
↑ 1,01,11,21,3"Percy Metcalfe". En Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1841–1951. University of Glasgow History of Art / ATII (Sculpture.gla.ac.uk).