Per Fredrik Wahlöö, nado 5 de agosto e 1926 en Tölö e finado o 22 de xuño de 1975 en Malmö, foi un escritor e xornalista sueco.
Traxectoria
Fillo do tamén xornalista e escritor Waldemar Wahlöö e mais de Karin Svensson. Comezou a súa actividade como xornalista en Malmó en 1947 en Sydsvenskan, e a partir de 1949 en Kvällsposten, onde estivo ata 1953 e cubriu sobre todo información sobre crimes[1]. Logo escribiu crítica de filmes e teatro para o Norrköping Tidningar. Estableceuse en Estocolmo e traballou en Veckorevyn e máis tarde en Folket i Blid que se acabaría convertendo en FIB actuellt e onde permanecería ata 1964, deixándoo como protesta á súa conversión nunha revista de porno brando para homes[2]. Foi membro do consello de redacción da revista da nova esquerda Tidsignal (1965-1970).
De ideoloxía comunista, as súas primeiras novelas estaban moi influídas polas súas ideas e tiñan unha historia dramaticamente efectiva, sobre o poder e a xustiza, como Lastbile de 1962, que retrata a ditadura de Franco en España. A partir de mediados da década de 1960 escribiu, canda a súa parella Maj Sjöwall, unha serie de novelas policiais protagonizadas polo inspector Martin Beck, que se levaron á pantalla, e que deu orixe ao éxito da novela policial sueca [3] na que a tradicional ficción criminal leva o foco cara a temas sociais.
Obra
Guións
- Flygplan saknas (1965)
- Morianerna (1965)
- Nattmara (1965)
- Mördaren – en helt vanlig person (1967)
- Mannen i skuggan (1978)
Notas
- ↑ Tapper, Michael (2014)Swedish Cops: From Sjöwall and Wahlöö to Stieg Larsson Intellect Books, p. 67
- ↑ Jonason Anders (1973), '“Deckaren är en borgerlig företeelse men vi har brutit mot mönstret”, säger Sjöwall-Wahlöö', FiB/Kulturfront, vol. 2, no. 12, pp. 10–11
- ↑ Miranda, Ulrika Junker; Anne Hallberg (2007). «Per Wahlöö». Bonniers uppslagsbok . Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. p. 1062