Nicolas Malebranche

Modelo:BiografíaNicolas Malebranche

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1638 Editar o valor en Wikidata
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1715 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París (1656–1659)
Collège de la Marche (en) Traducir (1654–1656) Editar o valor en Wikidata
Director de teseGottfried Wilhelm Leibniz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, teólogo, escritor, pedagogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoOcasionalismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosCharles-René Reynaud (pt) Traducir, Jean Prestet (pt) Traducir e Pierre Rémond de Montmort (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Orde relixiosaOratory of Jesus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJakob Bernoulli e Pierre Varignon Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiNicolas de Malebranche Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1012998 WikiTree: Malebranche-3
Nicolas Malebranche

Nicolas Malebranche, nado en París o 5 de agosto de 1638 e finado na mesma cidade o 13 de outubro de 1715, foi un filósofo e teólogo francés.

Pertencía a unha familia distinguida e tivo sempre unha saúde moi precaria, o que o obrigou a superar sufrimentos con multitude de coidados.

Os seus primeiros contactos coa filosofía tívoos no Collège de la Marche, dos que se defraudou.

Traxectoria

Seu pai foi Nicolas Malebranche, funcionario (tesoureiro) do cardeal Richelieu e, en 1658, secretario do rei Lois XIII de Francia. A súa nai, Catherine de Lauzon, era irmá dun vicerrei do Canadá. Malebranche era o último de dez ou trece fillos (as fontes difiren nisto) e amosou desde pequeno grandes dotes intelectuais nun corpo sumamente débil. A educación elemental recibiuna dun titor privado.

Estudou filosofía e, fundamentalmente, ou de modo case exclusivo, teoloxía na Sorbona e, como sucedera na Marche, tampouco lle entusiasmaron os métodos intelectuais da prestixiosa universidade parisiense.

En 1660 entrou na Congregación do Oratorio (o célebre Oratorium Iesu) e, catro anos máis tarde, foi ordenado sacerdote.

En 1699 foi nomeado membro honorario da Academia das Ciencias.

Filosofía

En 1664, a lectura de Descartes deixouno tan entusiasmado que resolveu dedicarse ao estudo da filosofía. Porén, algúns comentaristas cren que ese interese pola filosofía derivaría dos seus estudos sobre a filosofía dominante no Oratorio (a de Santo Agostiño).

Malebranche pretendeu facer unha síntese do cartesianismo e o agostiñismo, que resolveu nunha doutrina persoal, o ocasionalismo, segundo a cal Deus constituiría a única causa verdadeira, sendo todas as demais "causas ocasionais". Por iso, o coñecemento non se debería á interacción cos obxectos, senón que as cosas serían "vistas en Deus".

A súa principal obra é De la recherche de la vérité (Da procura da verdade), onde trata da natureza do espírito humano e do que o home debe facer para evitar o erro nas ciencias. Foi publicada e tres volumes, o primeiro en 1674 e os outros dous en 1675. Esta obra foi amplamente aumentada posteriormente ante as numerosas críticas dos seus coetáneos.

Malebranche critica aos filósofos que estudan as relacións da alma co corpo, sen considerar a súa unión con Deus. Segundo el, a debilitación das relacións da alma con Deus foi consecuencia do pecado orixinal, que fortaleceu a relación alma-corpo.

Se non víramos a Deus dalguhna maneira, non veriamos ningunha cousa.
Malebranche, Recherche de la verité, libro III, segunda parte, capítulo VI.

A dificultade estriba na expresión dalgunha maneira. Deus non se coñece directamente, senón de modo indirecto, tal como reflectido nun espello, nas cousas creadas. O home participa de Deus e, participando de Deus, participa das cousas. Non hai ningunha interacción directa entre as substancias cartesianas. A congruencia entre ambas é facilitada pola realidade divina. Non son eu quen percibe as cousas, senón que, en ocasión dun movemento da "res extensa", Deus provoca en min unha certa idea. E con ocasión dunha volición miña, Deus move o corpo extenso que é o meu brazo. A relación do espírito do home con Deus e coas cousas só nel, é a solución decisiva. Así, a visión en Deus de todas as cousas resulta a condición necesaria de todos os saberes e verdades.

En Da procura da verdade trata da supresión dos erros provocados pola forte interacción da alma co corpo. Para o filósofo, o erro é a causa da miseria dos homes. Así, afirmaba que era necesario denunciar os erros e as súas causas a través dunha análise das percepcións da alma, que se realizarían por tres modos distintos: os sentidos, a imaxinación e o entendemento. Pregaba, por tanto, o exame dos erros debidos a cada unha desas formas de percepción. Mediante tal exame sería posíbel encontrar un criterio xeral para descubrir a verdade.

A idea de Deus cobra un peso propio no seu sistema filosófico. Continuador de Descartes, ás veces supérao en canto á radicalidade das súas teorías. Para Malebranche, corpo e alma son entidades —ou substancias— inconexas e independentes, entre as que non existe comunicación directa de ningún tipo. Todos os movementos que se efectúan entre os corpos, e entre a alma e o corpo, máis alá dos movementos internos da alma, terían en Deus á súa causa eficiente.

Estas relacións, establecidas pola razón divina mediante unha orde eterna e invariábel, poderían ser comprendidas polo entendemento, da mesma forma que o son as leis científicas. Os seres particulares non serían propiamente causas eficientes de nada do que ocorre, senón apenas ocasións para o exercicio da causa única, que é Deus. Esta doutrina denomínase ocasionalismo, porque causar é crear; e só Deus pode crear. Por iso, o movemento é un paralelismo (o que tamén sucede cos comportamentos humanos). Da alma non temos ningunha idea, senón simplemente unha persuasión interior. Deus, alén diso, contería en si mesmo todas as ideas como arquetipo das cousas. O coñecemento da verdade, por parte do home, consistiría, en última instancia, nunha visión de Deus.

Destaquemos, unha vez máis: é Deus quen realiza a función de comunicar ambas as entidades e quen crea o coñecemento no home; pois, ao non haber contacto entre mente e corpo, o home por si só está imposibilitado para coñecer o mundo. A presenza de Deus na alma dos homes suple a súa carencia para coñecer outras entidades, pois o home —como quedou dito— ve en Deus o resto das cousas.

Deus é a causa de todo influxo posíbel dunha realidade. O que chamamos causa é só unha ocasión. A única causa é Deus: non é o Sol quen produce calor, luz e vida, só é unha ocasión; a causa é Deus.

A obra de Malebranche influíu no pensamento de, entre outros, Leibniz, Hume e J.-J. Rousseau.

Outras obras

  • Tratado da natureza e da graza (1680).
  • Tratado de moral (1684).
  • Meditacións metafísicas e cristiás (1684)
  • Tratado do amor de Deus (1687).

Véxase tamén

Bibliografía

  • G. STIELER, Malebranche, Madrid, 1931. (en castelán)
  • É. GILSON, La unidad de la experiencia filosófica, 2 ed. Madrid, 1966, caps. VI-VII. (en castelán)
  • N. Malebranche, Investigación sobre la verdad, Sígueme, Salamanca, 2009. (en castelán)

Outros artigos

Ligazóns externas

En castelán

En inglés

En italiano

Read other articles:

For other places with the same name, see Mount Odin (disambiguation). Mountain in Nunavut, Canada Mount OdinMount Odin snow and iceHighest pointElevation2,147 m (7,044 ft)[1]Prominence2,147 m (7,044 ft)[1]ListingHighest ocean islands 62ndNorth America prominent peaks 77thNorth America isolated peaks 24thCanada most prominent peaks 30thCanada most isolated peaks 7thCoordinates66°32′49″N 65°25′44″W / 66.54694°N 65.42889°Wþ...

 

Questa voce sull'argomento distretti della Svizzera è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Jura-Nord vaudoisdistrettoLocalizzazioneStato Svizzera Cantone Vaud AmministrazioneCapoluogoYverdon-les-Bains Lingue ufficialiFrancese TerritorioCoordinatedel capoluogo46°46′44.04″N 6°38′24″E / 46.778899°N 6.64°E46.778899; 6.64 (Jura-Nord vaudois)Coordinate: 46°46′44.04″N 6°38′24″E / 46.7...

 

Association football club in Scotland This article is about the South of Scotland Football League side formed in 1966. For the similarly named club formed in 1959, see Mid-Annandale F.C. Football clubUpper AnnandaleFull nameUpper Annandale Football ClubNickname(s)UppersFounded1966GroundMoffat Academy, MoffatCapacity1,000ManagerDaren FerbieLeagueSouth of Scotland League2023–24South of Scotland League, 9th of 12 Home colours Away colours Upper Annandale Football Club are a football club from ...

Частина серії проФілософіяLeft to right: Plato, Kant, Nietzsche, Buddha, Confucius, AverroesПлатонКантНіцшеБуддаКонфуційАверроес Філософи Епістемологи Естетики Етики Логіки Метафізики Соціально-політичні філософи Традиції Аналітична Арістотелівська Африканська Близькосхідна іранська Буддій...

 

American historian and politician Farwell c. 1957 Byron Edgar Farwell (June 20, 1921 – August 3, 1999) was an American military historian, biographer, and politician. He was the mayor of Hillsboro, Virginia, for three terms. He also worked for Chrysler, and was the author of 14 books and published articles in various national publications. Biography Farwell was born in Manchester, Iowa[1] on June 20, 1921.[2] He graduated from Ohio State University and the Universi...

 

18th-century Spanish mission in California Mission San Diego redirects here. For the San Diego Trolley station, see Mission San Diego station. Mission San Diego de AlcaláThe church façade of Mission San Diego de AlcaláLocation in San DiegoLocation10818 San Diego Mission Rd.San Diego, California 92108-2429Coordinates32°47′4″N 117°6′23″W / 32.78444°N 117.10639°W / 32.78444; -117.10639Name as foundedLa Misión San Diego de Alcalá[1]Englis...

Untuk tempat lain yang bernama sama, lihat Sungai Pinang. Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Sungai Pinang, Tambang, Kampar – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Sejarah Desa Sungai Pinang Sungai PinangDesaNegara Indone...

 

Cyrillic letter Cyrillic letterAbkhazianChe with descenderPhonetic usage:/ʈ͡ʂʼ/The Cyrillic scriptSlavic lettersАА̀А̂А̄ӒБВГҐДЂЃЕЀЕ̄Е̂ЁЄЖЗЗ́ЅИІЇꙆЍИ̂ӢЙЈКЛЉМНЊОО̀О̂ŌӦПРСС́ТЋЌУУ̀У̂ӮЎӰФХЦЧЏШЩꙎЪЪ̀ЫЬѢЭЮЮ̀ЯЯ̀Non-Slavic lettersӐА̊А̃Ӓ̄ӔӘӘ́Ә̃ӚВ̌ԜГ̑Г̇Г̣Г̌Г̂Г̆Г̈г̊ҔҒӺҒ̌ғ̊ӶД́Д̌Д̈Д̣Д̆ӖЕ̃Ё̄Є̈ԐԐ̈ҖӜӁЖ̣ҘӞЗ̌З̣З̆ӠИ̃ӤҊҚӃҠҞҜК̣к̊қ̊Ԛᴫ...

 

Thomas Howard, Adipati Norfolk, perwakilan Inggris di Berwick Perjanjian Berwick dinegosiasikan pada tanggal 27 Februari 1560 di Berwick-upon-Tweed. Perjanjian ini merupakan perjanjian yang dibuat oleh perwakilan Ratu Elizabeth I dari Inggris, Adipati Norfolk, dan kelompok bangsawan Skotlandia yang dikenal sebagai Lords of the Congregation.[1] Tujuannya adalah untuk menyetujui persyaratan di mana armada dan tentara Inggris akan datang ke Skotlandia untuk mengusir pasukan Prancis yang ...

Road in Uganda Kampala–Mityana RoadRoute informationLength37 mi (60 km)HistoryDesignated in 2008Completion in 2012Major junctionsEast endBusegaMajor intersectionsBulobaBujuukoZigotiWest endMityana LocationCountryUganda Highway system Roads in Uganda The Kampala–Mityana Road is a road in the Central Region of Uganda, connecting the capital city of Kampala to the town of Mityana in Mityana District.[1] Location The road begins in the Busega neighborhood, in ...

 

第三十二届夏季奥林匹克运动会射擊比賽比賽場館陸上自衛隊朝霞訓練場日期2021年7月24日至8月2日項目數15参赛选手356(含未上场1人)位選手,來自101個國家和地區← 20162024 → 2020年夏季奥林匹克运动会射击比赛步枪10米气步枪男子女子混合50米步枪三姿男子女子手枪10米气手枪男子女子混合25米手枪女子25米快射手枪男子飞碟多向飞碟男子女子混合双向飞碟男子...

 

Carlos FierroNazionalità Messico Altezza173[1] cm Peso64[1] kg Calcio RuoloAttaccante Squadra Leones Negros UdeG CarrieraGiovanili 2001-2006 Dorados de Los Mochis2006-2011 Guadalajara Squadre di club1 2011-2016 Guadalajara121 (8)2016→  Querétaro22 (2)2016-2018 Guadalajara17 (1)2018 Cruz Azul13 (1)2018-2019→  Monarcas Morelia22 (0)2019-2021 S.J. Earthquakes54 (6)2022-2023 Juárez11 (1)2023- Leones Negros UdeG8 (0) Naz...

Artikel ini bukan mengenai Halo, Halo Bandung. Halo-HaloSemangkuk halo-haloSajianHidangan penutupTempat asalFilipinaBahan utamaEs serut, susu, berbagai buah-buahanSunting kotak info • L • BBantuan penggunaan templat ini  Media: Halo-Halo Halo-halo Buko halo, kombinasi halo-halo dan salad buko, umumnya disajikan di atas batok kelapa. Halo-halo atau halu-halo (dari bahasa Tagalog halo yang berarti campur) adalah es campur dari Filipina. Setelah diserut, es dihidangkan di ...

 

Ivo Andrić (1961) Nama dalam bahasa asli(hr) Ivo Andrić(sr-cyrl) Иво Андрић(sr-latn) Ivo Andrić BiografiKelahiran10 Oktober 1892 Dolac (Austria-Hungaria) Kematian13 Maret 1975 (82 tahun)Beograd (Republik Federal Sosialis Yugoslavia) Tempat pemakamanPemakaman Baru Belgrade, Tree-lined path of Giants Galat: Kedua parameter tahun harus terisi! Duta besar Data pribadiPendidikanUniversitas Graz - filsafat (1924–)Faculty of Philosophy of the Jagiellonian University (en) - filsafat...

 

Japanese manga magazine Shōjo FriendJanuary 1, 1971 issue of Shōjo FriendCategoriesShōjo mangaFrequencyWeekly (1962–1974)Semimonthly (1974–1991)Monthly (1991–1996)Founded1962Final issueSeptember 1996CompanyKodanshaCountryJapanBased inTokyoLanguageJapanese Shōjo Friend (少女フレンド, Shōjo Furendo) was a shōjo manga magazine formerly published by Kodansha, beginning in 1962. Kodansha used the knowledge gained from publishing magazines aimed at young girls, includi...

Cet article est une ébauche concernant un club de football et la Belgique. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations du projet football. STVV Généralités Nom complet Koninklijke Sint-Truidense Voetbalvereniging Surnoms De Kanaries (Les Canaris)[1] Noms précédents Sint-Truidense Voetbal Vereeniging Sint-Truidense Voetbalvereniging Fondation 23 février 1924 Statut professionnel Oui Couleurs Jaune et bleu Stade Daio Wasabi Stayen...

 

Pour les articles homonymes, voir Kondor. Kondor-E (export). Kondor (russe : Кондор, français : Condor) est une famille de satellite de reconnaissance militaire radar et optique russe de petite taille dont le premier exemplaire a été placé en orbite le 27 juin 2013 par un lanceur Strela. Un second exemplaire a été acquis par l'Afrique du Sud et mis en orbite fin 2014. Le début de la conception de ce type de satellite à usage civil ou militaire, proposé par la sociét...

 

هذه مقالة غير مراجعة. ينبغي أن يزال هذا القالب بعد أن يراجعها محرر؛ إذا لزم الأمر فيجب أن توسم المقالة بقوالب الصيانة المناسبة. يمكن أيضاً تقديم طلب لمراجعة المقالة في الصفحة المخصصة لذلك. (أغسطس 2020) قلعة بريستБрэсцкая крэпасць (بالبيلاروسية) معلومات عامةنوع المبنى قلعة مز...

Pour les articles homonymes, voir Toscanini. Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Certaines informations figurant dans cet article ou cette section devraient être mieux reliées aux sources mentionnées dans les sections « Bibliographie », « Sources » ou « Liens externes » (octobre 2019). Vous pouvez améliorer la vérifiabilité en associant ces informations à des références à l'aide d'appels de notes. Artu...

 

Upper class in Russian society before 1917 An assembly of nobility at the time of Catherine the Great (reigned 1762 – 1796) Maria Gendrikova's comital charter of 1742 The Russian nobility or dvoryanstvo (Russian: дворянство) arose in the Middle Ages. In 1914, it consisted of approximately 1,900,000 members, out of a total population of 138,200,000.[1] Up until the February Revolution of 1917, the Russian noble estates staffed most of the Russian government and possessed a ...