Francisco Xavier Pérez Vázquez,[1][2] nado en Silleda o 24 de abril[3] de 1968[1][4][5] e finado en Santiago de Compostela[3] o 15 de novembro de 2016,[6] máis coñecido como Narf,[7] nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez,[8][9][10][11] foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra,[12][13] que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras.[14][15][16] Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais.[17] Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega[18] e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.[13][18][19][20]
Traxectoria
Mudouse da súa vila natal a Santiago de Compostela sendo aínda moi novo.[21] Foi membro do grupo Os Quinindiolas, xunto a Xelís de Toro, Pepe Sendón e Marcos Teira, entre outros.[8] Foi membro tamén do efémero grupo Nicho Varullo, xunto a Pepe Sendón e Carlos Santiago.[9] Formou parte da compañía de teatro Chévere e foi un dos fundadores da sala Nasa, que naceu vinculada a devandita compañía no ano 1992, canda el estaban Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago.[10] Compoñía cancións para a Banda da Nasa e participou nalgunhas montaxes teatrais como actor para a compañía teatral Chévere, como Máquina total (1994), Annus Horribilis (1994) etc. e en infinidade de números da Ultranoite. Abandonou o proxecto no ano 1998.[17]
Segundo Narf declarou: –"co diñeiro de Xelís fundamos en 1990 a discográfica Spectra, pero aquilo foi unha ruína". Cos fondos procedentes dun premio literario concedido en Lugo no ano 1990 á novela de Xelís de Toro Non hai misericordia puideron pagar os debuts de Nicho Varullo e Os Quinindiolas e mais a edición da banda sonora de Río Bravo (1990) da compañía Chévere.[16] En 1998 conformou a banda Psicofónica de Conxo da que Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros seus en traballos anteriores, formaban parte.[11]
Tras un longo percorrido no mundo da música, Fran Pérez creou no ano 2004 o concepto artístico de Narf: "nova identidade para un músico inquedo que investiga o ritmo e a harmonía"[15][22] e gustáballe definirse como cancionista.[12][16] Emprendeu algúns traballos en solitario, contando tres álbums, e colaborou asemade con outros artistas. Con Jabier Muguruza e Miquel Gil puxo en escena Mundo Café (2005), un espectáculo que unía música e literatura,[23] proxecto que finalmente quedou plasmado nun disco.[24] Coa banda mozambicana Timbila Muzimba emprendeu o proxecto cultural Bumba (2006), confluencia dos sons tradicionais do pobo chopi coa música de Narf,[25][26][27] cooperación que perdurarou máis de dez anos e que concluíu con Da Zigala a Zemambiquo (2016), segunda parte do proxecto Bumba.[28][29] Coñeceu a Manecas Costa incidentalmente nun camerino durante o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré[30][31] en Pontevedra[32] ao que acudiron como convidados e acordaron colaborar xuntos a partir de entón, froito daquel encontro naceu o álbum Aló Irmao! (2010),[22][33] conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco[18] en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas.[34][35] Con Quico Cadaval presentou Obrigado!, un espectáculo no que confluían as actuacións musicais e os relatos.[36] E da colaboración con Uxía naceu o disco Baladas da Galiza imaxinaria (2015).[12][37][38]
No festival Liet International, dedicado a fomentar o uso das linguas minorizadas europeas, celebrado no ano 2006 en Östersund (Suecia) acadou o segundo posto co tema Santiago,[39][40] incluído no seu álbum Tótem (2007). En decembro do ano 2008 levou a música do seu segundo álbum en solitario Tótem a Delhi e Katmandú na compaña de Juan Ramos, con quen coincidira previamente no grupo Os Quinindiolas.[41][42] Actuou no Festival Câmbio Sonoro en Recife acompañado por Marcos Teira e Pepe Sendón no 2008.[43][44][45] Participou con Manecas Costa e Timbila Muzimba no Festival d'Agosto de Maputo,[46] onde estivo en varias edicións. Asistiu no 2009 ao IX Mercado Cultural para amosar Aló Irmao! con Manecas Costa, actuaron en Jequié, São Paulo e Salvador de Baía,[47][48] estiveron en Porto Alegre[49] e tamén en Buenos Aires,[50] no 2010 actuaron de novo xuntos no City of London Festival.[51][52] Estreou o espectáculo Atlántic@s xunto aos artistas galegos Uxía, Rosa Cedrón e Budiño no Mar del Plata, dentro do MICSUR, no mes de maio de 2014.[53][54] Presentou a súa música en múltiples festivais arredor do mundo, como no Antídoto en São Paulo,[55][56] no festival de Mindelo, noutros ámbitos como o BAFIM en Buenos Aires[57][58] e tamén levou a súa música aos escenarios de Cuba,[59]Niterói, Río de Xaneiro, Guinea-Bissau, Varsovia, Brighton, Barcelona, Sevilla, Cracovia ou Newcastle.[60][61]
Compuxo máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías de Galiza e Portugal, como a ópera experimental Resaca (1996), con libreto de Pepe Sendón, na súa etapa como membro fundador da sala Nasa,[62]A boa persoa de Sezuán (2008)[63] e Salomé (2010)[64] para o Centro Dramático Galego ou a Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra tódolos anos en Tondela o Sábado Santo, espectáculo do que foi responsable musical entre os anos 2000 e 2015.[65][66] Musicou e interpretou os poemas de Xosé VeloSer e triunfar para o videoclipSanta Liberdade no ano 2000[67] e Espranza para o DVD do libro 150 anos do Banquete de Conxo. 50 aniversario do Congreso da Emigración no ano 2006.[68] Formou parte do elenco de actores na obra de teatro A ópera dos tres reás (2011), interpretando os papeis de Dedotorto e trobeiro cego, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego.[69] No eido audiovisual participou como compositor das cancións no relato infantil multimedia O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón,[70][71] na serie de televisión baseada no relato anterior O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos[72] entre outros traballos.
Entre os meses de marzo e abril de 2016 estivo 40 días nos Estados Unidos de América durante a xira de presentación do seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria, feito en colaboración con Uxía.[73][74][75] No mes de setembro de 2016 suspendeu por recomendación médica un concerto da antedita xira previsto en Ribeira por mor do seu delicado estado de saúde.[4] Outros concertos programados en Bilbao, Barcelona, Madrid ou Manresa foron aprazados.[76] Malia todo, os seus últimos concertos celebráronse no Teatro Principal de Santiago xunto aos africanos Timbila Muzimba para amosar ao público o proxecto Bumba II: Da Zigala a Zemambiquo, o 22 de outubro no marco do Womex[77][78] e o día 23[79][80] o derradeiro. Faleceu a causa dun cancro o 15 de novembro de 2016 aos 48 anos de idade.[4][21][81]
Recoñecementos
Trala súa morte fixéronse varias homenaxes na súa lembranza. A primeira delas foi o ano seguinte, durante o XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, celebrado o 14 de xaneiro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra.[82][83][84][85][86]
Nun acto celebrado o 21 de febreiro de 2017 na galería Sargadelos en Santiago de Compostela, que serviu para pechar unha exposición con ilustracións inspiradas en Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacemento, celebrouse unha homenaxe conxunta dedicada a Narf e Rosalía organizada por El Patito Editorial e o concello, onde a editorial presentou Nas tardes escuras (2013), disco no que Narf adaptou os poemas de Rosalía ao rock.[87][88][89][90]
Unha estatua de bronce foi inaugurada en Boiro o 10 de xuño de 2017 durante unha homenaxe feita no seu honor na Pousada das Ánimas,[91][92][93] sala de concertos que posteriormente cambiou o seu nome, denominándose A Pousada da Galiza Imaxinaria na súa honra.[94]
O 30 de agosto de 2017 celebrouse un concerto tributo a Narf na praza da Quintana durante o festival Feito a Man en Santiago de Compostela.[95] A partir do ano 2023 o escenario principal do festival pasou a denominarse escenario Narf.[96][97]
Na cuarta edición do festival O mar nunha flor, celebrado o 4 de agosto de 2018 na Illa de Arousa, varios artistas participaron nun concerto dedicado na súa memoria.[98]
O 28 de febreiro de 2019 rendeuse tributo a Narf en Lugo durante o ciclo de concertos Lubicán coa celebración do espectáculo Encontrarte, o lubicán de Narf, no que participaron varios artistas.[99]
Durante o festival Ahoje é ahoje, organizado polo teatro Avenida en Maputo (Mozambique), celebrouse o 3 de novembro de 2019 unha homenaxe en lembranza de Narf.[100]
O 15 de novembro de 2024 celebrouse no seu recordo o acto Encontrarte, Narf na Casa das Crechas de Santiago de Compostela, con motivo do oitavo aniversario da súa morte.[101]
A Deputación da Coruña pasou a denominar o concurso musical de rock como Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais a partir de 2017.[102]
Discografía
Todos eles baixo a produción de Antonio Vázquez (Asisí producións)
“Fran ergueu o Totem da música día a día,
con mimo e cariño, con furia e paixón,
co canto delicado e o berro atroz,
aquí están as pantasmas dos devanceiros,
o choro dun neno, o bico do amante e os ollos do futuro,
aquí está o que máis amamos e o que máis nos doe.”
“Narf foi un cancionista,
un cronista dun tempo e dunha identidade,
un guerreiro da música
que deixou os seus últimos folgos
e a súa poderosa enerxía,
o seu sangue de afrogalego,
enriba do escenario...”
Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante (Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo'02 (Chévere).
Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar (Belmondo).
Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann (Lagarta Lagarta).
Como músico
Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, festival Liet International de Suecia, co tema Santiago no ano 2006, publicada dentro do seu disco Tótem.
Número 1 no Top ten da RDP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.
Na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, convocados no ano 2013 pola asociación Músicos Ao Vivo, foi o vencedor na categoría de rock, blues, funk & soul.[104]
Premio aRi[t]mar á Embaixada da amizade galego-lusófona, no ano 2017.[3]
↑Show Narf e Manecas Costa - Antídoto Anaco do show do encontro de Narf e Manecas Costa durante o Antídoto: Seminário Internacional de Ações Culturais em Zonas de Conflito en maio de 2010 no Itaú Cultural.
↑Rabuñal, Anxo (Guión e dirección) (2006). 150 anos do Banquete de Conxo, 50 aniversario do Congreso da Emigración (DVD). Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Comunicación / Secretaría Xeral de Emigración. OCLC433640360. DL 1941-06.
Artikel ini berisi tentang sebuah pemukiman. Untuk kuda balap dengan nama yang sama, lihat Circular Quay (kuda). Circular Quay Circular Quay adalah sebuah wilayah di Sydney, New South Wales, Australia. Terletak di tepi utara Sydney Central Business District di Sydney Cove, antara Bennelong Point dan The Rocks. Merupakan bagian dari wilayah pemerintah lokal City of Sydney.[1] Circular Quay terdiri dari trotoar, mal pejalan kaki, taman dan restoran. Memiliki sejumlah pelabuhan feri dan ...
Niue Football AssociationOFCDidirikan2021; 3 tahun lalu (2021)Bergabung dengan FIFAN/ABergabung dengan OFCN/APresidenDeve Talagi[1] Asosiasi Sepak Bola Niue adalah badan yang mengatur kegiatan sepak bola di Niue. Asosiasi ini didirikan pada tahun 2021 sebagai penerus Asosiasi Sepak Bola Pulau Niue yang sekarang sudah tidak ada lagi. Presiden saat ini adalah Deve Talagi. Sejarah Pada bulan Maret 2021, setelah sepuluh tahun tidak aktif, Asosiasi Sepak Bola Pulau Niue dikeluarkan da...
artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) PurwodadiDesaNegara IndonesiaProvinsiKalimantan SelatanKabupatenTanah BumbuKecamatanAngsanaKode pos72275Kode Kemendagri63.10.09.2002 Luas... ...
The Gradiva, an example of a Neo-Attic sculpture Another Neo-Attic relief (British Museum) Neo-Attic or Atticizing is a sculptural style, beginning in Hellenistic sculpture and vase-painting of the 2nd century BC and climaxing in Roman art of the 2nd century AD, copying, adapting or closely following the style shown in reliefs and statues of the Classical (5th–4th centuries BC) and Archaic (6th century BC) periods.[1] It was first produced by a number of Neo-Attic workshops at Athen...
Egyptian pyramid Pyramid of Ameny QemauLayout of substructures of the pyramid of Ameny Qemau in Dahshur SouthAmeny QemauCoordinates29°46′54″N 31°13′17″E / 29.78167°N 31.22139°E / 29.78167; 31.22139Constructedc. 1790 BC[1]TypeTrue pyramid, now ruinedHeight35 metres (115 ft)Base52 metres (171 ft) The pyramid of Ameny Qemau is an ancient Egyptian pyramid located in southern Dahshur. It was constructed for Ameny Qemau, a obscure king of the 13...
Municipal public university in Shanghai, China For universities and colleges in Shanghai, see List of universities and colleges in Shanghai. Shanghai University上海大学Motto自强不息,道济天下[1]Motto in EnglishStrive to become stronger without stopping, and use one's abilities to benefit the world.TypeMunicipal public universityEstablished1994; 30 years ago (1994)EndowmentCNY 3.54 billion (2022)[2]PresidentLiu ChangshengStudents56,753。Loca...
Giovani Lo Celso Informasi pribadiNama lengkap Giovani Lo Celso[1]Tanggal lahir 9 April 1996 (umur 28)Tempat lahir Rosario, ArgentinaTinggi 177 cm (5 ft 10 in)[1]Posisi bermain Gelandang tengahInformasi klubKlub saat ini Villarreal (pinjaman dari Tottenham Hotspur)Nomor 17Karier junior2010–2015 Rosario CentralKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2015–2016 Rosario Central 27 (2)2016–2019 Paris Saint-Germain 38 (4)2016 → Rosario Central (pinjaman) 9 (...
15°50′S 72°08′W / 15.83°S 72.13°W / -15.83; -72.13[1] Huambo volcanic field is a volcanic field in Peru. Andahua-Orcopampa lies north-northeast and Sabancaya east of Huambo,[1] east of the Rio Colca.[2] The town of Huambo lies between the two fields.[3] The northern part of the field was active 700 BCE ± 50 years, forming a large lava flow field and a cinder cone Cerro Keyocc. The southern part of the field contains other cinder...
Section of the River Tamar in southwest England 50°23′44″N 4°12′28″W / 50.39556°N 4.20778°W / 50.39556; -4.20778 HamoazeDevonport Dockyard and the Hamoaze from the Rame Peninsula, CornwallPhysical characteristicsMouthPlymouth Sound • coordinates50°23′44″N 4°12′28″W / 50.39556°N 4.20778°W / 50.39556; -4.20778Basin featuresTributaries • left St John's Lake Millbrook Lake Inlan...
Period of rapid technological change For the event sometimes called the Technological Revolution, see Second Industrial Revolution. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Technological revolution – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2022) (Learn how and when to remove this messag...
Extinct order of cartilaginous fishes IschnacanthiformesTemporal range: 418–409 Ma PreꞒ Ꞓ O S D C P T J K Pg N Nerepisacanthus Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: †Acanthodii Order: †Ischnacanthiformes Families Ischnacanthidae Poracanthidae Xylacanthus Ischanacanthiformes is a prehistoric order of acanthodian stem-chondrichthyans found in Canada, Ukraine and United Kingdom. Members of this order were nektonic carnivores,[1&#...
Football club in Tajikistan Football clubBDA DushanbeFull nameBDA DushanbeFounded1996; 28 years ago (1996)GroundCentral Republican Stadium Dushanbe, TajikistanCapacity20,000LeagueTajik Second Division BDA Dushanbe is a football club based in Dushanbe, Tajikistan. Formed in 1996 as Varzob Dushanbe, the club changed to their current name in 2001. History Domestic history Season League Tajik Cup Top goalscorer Div. Pos. Pl. W D L GS GA P Name League 1998 1st 1 22 17 5 0 57 17 5...
Lambang kota La Tour-de-Peilz (bahasa Arpitan: La Tor de Pelz/La Tor de Pelyz) adalah sebuah kotamadya di Distrik Vevey, Vaud, Swiss. Kota ini terletak di Danau Léman antara Montreux dan Vevey (aglomerasi: 100.000). Tokoh terkenal Pelukis Gustave Courbet meninggal di sini pada tahun 1877. Pangeran Adalbert dari Prusia meninggal di sini pada tahun 1948. Puteri Adelheid dari Sachsen-Meiningen meninggal di sini pada tahun 1971. Pemain selo Dimitry Markevitch lahir di sini pada tahun 1923. Novel...
228-й гвардейский мотострелковый Ленинградско-Павловский Краснознамённый полк Годы существования 1941 — н. в. Страна Россия СССР Входит в 90-я гвардейская танковая дивизия Дислокация Екатеринбург Войны Вторжение России на Украину (2022) Знаки отличия почётное наиме�...
Australian politician CouncillorJenny HillAM46th Mayor of TownsvilleIn office28 April 2012 – 16 March 2024DeputyLes Walker Mark MolachinoPreceded byLes TyrellSucceeded byTroy Thompson Personal detailsBornJennifer Lorraine Hill[1]Melbourne, VictoriaNationalityAustralianPolitical partyLabor (since 1985)[1]Other politicalaffiliationsTeam Jenny Hill (since 2012)Alma materLa Trobe University James Cook UniversityOccupationMicrobiologist Military serviceAllegiance Au...
School in Kuala Lumpur, MalaysiaChong Hwa Independent High School吉隆坡中华独立中学Sekolah Menengah Persendirian Chong HwaAddressJalan St. Thomas, 3 1/2 miles off Jalan Ipoh Kuala Lumpur, Malaysia, 51100Coordinates3°11′23″N 101°41′13″E / 3.18972°N 101.68694°E / 3.18972; 101.68694InformationSchool typeSecondary school, Chinese independent high schoolMottoChinese: 礼義廉耻(Courtesy Righteousness Integrity Humility)Established21 Mar...
Indian political party Political party in India Tamil Nadu Muslim Munnetra Kazhagam TMMK AbbreviationTMMKLeaderMH Jawahirullah MLA[1]Founded1995HeadquartersMannadi, Chennai, Tamil NaduStudent wingSamuga neethi Manavar Iyakkam (SMI)Youth wingTMMK Youth WingWomen's wingTamilnadu Muslim Magaleer PaeravaiColoursblack and whiteECI StatusRegisteredParty flagWebsitewww.tmmk.inPolitics of IndiaPolitical partiesElections Part of a series onIslam Beliefs Oneness of God Angels Revealed Book...
Phan Huỳnh ĐiểuThông tin cá nhânSinhNgày sinh(1924-11-11)11 tháng 11, 1924Nơi sinhĐà Nẵng, Trung Kỳ, Liên bang Đông Dương MấtNgày mất29 tháng 6, 2015(2015-06-29) (90 tuổi)Nơi mấtBệnh viện Thống Nhất, Thành phố Hồ Chí Minh, Việt Nam Giới tínhnamQuốc tịch Việt NamNghề nghiệpNhạc sĩKhen thưởng Huân chương Độc lập hạng Ba Huân chương Kháng chiến hạng Nhất Sự nghiệp âm nhạcBút ...
American art historian Allan MarquandBorn(1853-12-10)December 10, 1853New York City, New York, U.S.DiedSeptember 24, 1924(1924-09-24) (aged 70)New York City, New York, U.S.Alma materSt. Paul's School (New Hampshire)Princeton UniversityJohns Hopkins UniversityOccupationArt historianKnown forCurator of the Princeton University Art MuseumSpouse Eleanor Cross (m. 1896)ChildrenEleanor Marquand DelanoyMary Marquand HochschildSarnia MarquandAllan Marquan...
The Balkan Peninsula, as defined geographically, by the Danube-Sava-Kupa line The Balkans and parts of this area may also be placed in Southeastern, Southern, Eastern Europe and Central Europe. The distinct identity and fragmentation of the Balkans owes much to its common and often turbulent history regarding centuries of Ottoman conquest and to its very mountainous geography.[1][2] Prehistory Main article: Prehistory of Southeastern Europe Mesolithic Lepenski Vir site in Ser...