Francisco Cadaval Ayaso, máis coñecido por Quico Cadaval, nado en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.
Traxectoria
Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfoportuguesa no ano 2003.