Mindelo, Cabo Verde
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Mindelo .
Mindelo é unha cidade portuaria [ 1] que se atopa na parte norte da illa de São Vicente , é sede do concello homónimo e é a segunda maior cidade de Cabo Verde . Acolle o 93% da poboación da illa.
Historia
Postal antiga de Mindelo de comezos do século XX .
En 1793 , os portugueses fundaron un asentamento onde hoxe se atopa Mindelo.[ 2] :34 Inicialmente chamouse Nossa Senhora da Luz , rebautizada como Leopoldina arredor de 1820 en honor da raíña consorte María Leopoldina de Austria . En 1838 foi rebautizada como Mindelo despois do desembarco de 1832 en Mindelo, ao norte do Porto .[ 2] :42–48 Converteuse nun depósito de carbón para barcos da Compañía Británica das Indias Orientais en 1838 , e despois para a Royal Mail Steam Packet Company en 1850 . O asentamento converteuse nunha vila en 1858 , e tiña daquela 1 400 habitantes.[ 2] :55 Converteuse en cidade en 1879 , cando tiña 3 717 habitantes.[ 2] :61–63 En 1884 colocouse un cable de comunicación submarino entre Europa , África , a India e América do Norte , facendo de Mindelo un importante centro de comunicacións para o Imperio Británico .
Desde principios do século XX o porto de Mindelo perdeu a súa importancia para a navegación transatlántica. As causas disto foron o paso do carbón ao petróleo como combustible para os buques , o auxe de portos competidores como Dakar e as Canarias e a falta de investimento en infraestruturas portuarias.[ 2] :76–80 Entre 1910 e 1940 houbo varias folgas en Mindelo, e o 7 de xuño de 1934 producíronse disturbios nas rúas de Mindelo, provocados polo paro e a pobreza . Un home foi asasinado e varios resultaron feridos.[ 3]
Entre 1940 e 1958 , tres períodos prolongados de seca severa, combinados coa erosión do solo e o sobrepastoreo , provocaron fame en Cabo Verde .[ 4] En todo o arquipélago morreron unhas 45 000 persoas e emigraron 20 000 persoas. Mindelo atraeu inmigrantes , especialmente da veciña illa de Santo Antão , e continuou crecendo.[ 2] :86
Mindelo foi a capital cultural do mundo lusófono desde novembro de 2002 ata novembro de 2003 .[ 5] Mindelo tamén é considerada a capital cultural de Cabo Verde.[ 6]
Xeografía
Mindelo atópase na baía de Porto Grande , un gran porto natural. A cidade está rodeada de montañas baixas: o monte Cara e o Morro Branco ao oeste , e o Monte Verde ao leste . O río Ribeira de Julião atravesa a vila.
O aeroporto de Cesária Évora atópase a 9 km ao suroeste de Mindelo, preto da aldea de São Pedro . Dende o porto parten os transbordadores para a illa de Santo Antão .
Subdivisións
A cidade divídese nos seguintes lugares ou localidades por razóns estatísticas:[ 7]
Alto Miramar
Alto Morabeza
Alto Santo António
Alto São Nicolau
Alto Solarine/Forca
Atrás do Cemitério/Sul do Cemitério
Bela Vista/Pedreira
Campinho
Chã de Alecrim
Chã de Cemitério
Chã de Marinha
Chã de Monte Sossego
Chê Guevarra
Centro de Mindelo/Morada
Cruz João Evora
Dji d'Sal
Fernando Pó
Fonte Cónego
Fonte Filipe
Fonte Françês
Fonte Inês/Espia
Fonte Meio/Madeiralzinho
Fortinho/Escola Técnica
Horta Seca
Lazareto
Matiota
Monte/Craca
Monte Sossego
Pedra Rolada
Ribeira Bote
Ribeira da Craquinha
Ribeira de Julião
Ribeira de Passarão
Ribeirinha
Tchetchênia
Vila Nova/Lombo Tanque
Zona Industrial Sul
Zona Militar
Clima
Mindelo ten un clima árido (Köppen : BWh ). A temperatura media anual é de 23,6 °C. É moi seco e só recibe uns 100 mm de precipitación anual.
Datos climáticos para Mindelo (1981–2010)
Mes
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xuñ
Xul
Ago
Set
Out
Nov
Dec
Anual
Temperatura máxima en °C
29,2
29,5
30,3
29,5
31,5
30,5
33,6
31,8
32,7
31,5
31,0
30,0
33,6
Media máxima en °C
23,4
23,2
23,9
24,0
24,9
25,4
27,1
28,3
28,8
28,0
26,8
25,2
25,7
Media diaria en °C
21,9
21,6
22,0
22,2
22,8
23,8
25,0
26,2
26,5
26,0
25,0
23,3
23,9
Media mínima en °C
19,9
19,7
19,6
20,2
20,9
21,9
22,9
24,1
24,8
24,2
23,2
21,7
21,9
Temperatura mínima en °C
16,5
13,5
15,6
15,0
15,0
18,0
17,5
14,5
19,0
18,5
19,0
17,0
13,5
Precipitación media mm
4,8
1,7
0,4
0,4
0,0
0,0
2,6
16,3
36,2
14,5
6,3
1,0
84,2
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm)
1
1
0
0
0
0
1
4
5
2
2
2
18
Humidade relativa media (%)
66,1
67,6
67,2
68,2
70,1
72,9
72,7
74,0
74,2
72,8
69,4
67,3
70,2
Media de horas de sol mensuais
229,4
237,3
275,9
291,0
306,9
276,0
248,0
226,3
225,0
238,7
225,0
201,5
2 981
Media de horas de sol diarias
7,4
8,4
8,9
9,7
9,9
9,2
8,0
7,3
7,5
7,7
7,5
6,5
8,2
Fonte #1: Instituto Nacional de Meteoroloxía e Xeofísica[ 8]
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst (máximas e mínimas, días de precipitación e horas de sol)[ 9]
Demografía
Segundo o censo de 2010, Mindelo tiña 70 468 habitantes. É a segunda cidade por poboación de Cabo Verde despois de Praia .
Gráfica de evolución demográfica de Mindelo entre 1980 e 2010
Fonte:Instituto Nacional de Estatísticas de Cabo Verde[ 10]
Galería de imaxes
Vista de Mindelo.
Vista da baía de Mindelo e a illa de
Santo Antão .
Porto Grande.
Palácio do Povo.
Notas
↑ Cabo Verde, Statistical Yearbook 2015 , Instituto Nacional de Estatística, p. 32-33
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Génese e desenvolvimento da cidade do Mindelo: a preservação de uma identidade , Fred Yanick Fonseca Delgado, 2016
↑ Mindelo: entre a Ficção e a Realidade , buala.org
↑ Keese, Alexander (2012). "Managing the Prospect of Famine. Cape Verdean Officials, Subsistence Emergencies, and the Change of Elite Attitudes During Portugal’s Late Colonial Phase, 1939-1961" (PDF) . Itinerario . XXXVI (1). pp. 49–69. doi :10.1017/S0165115312000368 .
↑ Capital Lusófona 2003 (in Portuguese)
↑ Goulding, Rory (27 de xullo de 2023). "Where to go on holiday in January: 15 incredible destinations: 11. Sao Vicente and Santo Antao, Cape Verde" . The Times . Consultado o 11 de outubro de 2023 .
↑ "2010 Census results São Vicente" . Instituto Nacional de Estatística Cabo Verde . 24 de novembro de 2016.
↑ Instituto Nacional de Meteorologia e Geofísica (ed.). "Normais Climatológicas" . Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2020. Consultado o 28 de decembro de 2020 .
↑ Deutscher Wetterdienst (ed.). "Klimatafel von Mindelo / Sao Vicente / Kapverden (Rep. Kap Verde)" (PDF) . Baseline climate means (1961-1990) from stations all over the world . Consultado o 8 de agosto de 2017 .
↑ Source: Poboación da cidade, consultado no Instituto Nacional de Estatísticas de Cabo Verde .
Véxase tamén