Os músculos interóseos palmares da man son un conxunto de músculos do membro superior humano, pertencentes á man. Son catro músculos situados por diante dos músculos interóseos dorsais da man, orixinados nos metacarpianos dos dedos cos que se relacionan.
O primeiro músculo interóseo palmar ten a súa orixe na superficie medial da parte palmar do primeiro metacarpiano e se insire na base da falanxe proximal do polgar e na vaina extensora. Acoita haber un óso sesamoide no interior do tendón.
O segundo interóseo palmar orixínase na superficie medial do segundo metacarpiano e se insire na superficie medial da expansión dorsal do dedo índice.
O terceiro e cuarto interóseos palmares orixínanse nas superficies laterais do cuarto e quinto metacarpianos e se insiren nas superficies laterais das respectivas vainas extensoras.
Os interóseos palmares aducen o polgar, o dedo índice, o dedo anular e o maimiño. Tamén realizan flexo-extensión polas súas unións ás vainas extensoras.