O músculo romboide maior é un músculo do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Orixínase nas apófises espiñentas das vértebras T2 a T5 e segmentos intermedios do ligamento supraespiñento. Insírese despois na superficie posterior do bordo medial da escápula dende a espiña deste óso ata o ángulo inferior.