O músculo braquial anterior é un músculo humano pertencente á rexión anterior do membro superior.
Insercións
Cranialmente, insírese na diáfise umeral, nas partes inferiores das caras interna e externa. Tamén, no bordo anterior. Caudalmente, insírese no cúbito, na superficie inferior da apófise coronoide.
Relacións
Discorre por enriba do músculo bíceps braquial. Entre ambos discorre o nervio musculocutáneo, que é ademais o nervio que os innerva. Na parte máis inferior forma o límite interno da canle bicipital interna.