Músculo trapecio
O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula. Insercións no cranioO trapecio insírese no óso occipital, nas liñas nucais superiores e na protuberancia occipital exterior. Insercións na columna vertebralDistintas febras do músculo insírense nas apófises vertebrais posteriores tanto a nivel cervical coma torácico. Insercións no tronco e membro superiorDistalmente, o trapecio insírese na clavícula, no acromion e no corpo da escápula. Relacións do músculoO músculo posúe unha cara superficial e unha fonda, e tres bordos, medial, inferior e anterior. Cara superficialÉ subcutánea, ocupando gran parte da superficie posterior alta do tronco. Cara fondaA cara fonda cobre os músculos cervicais e dorsais. InnervaciónRecibe unha innervación dobre: por unha banda, do nervio accesorio e por outra banda recibe ramos nerviosos das raíces cervicais segunda, terceira e cuarta. VascularizaciónVéxase taménBibliografía
|