O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións
A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e estende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.
Función
Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.
Innervación
É innervado polo nervio interóseo posterior.