O músculo serrato anterior[1] é un músculo do membro superior humano pertencente á axila. Orixínase coma varias febras musculares superficiais laterais das costelas I a IX e na fascia fonda intermedia que cobre os espazos intercostais correspondentes. O músculo forma unha lámina chá, que se dirixe en sentido posterior ao redor da parede torácica para inserirse na superficie costal do bordo medial daescápula.
Función
O serrátil anterior despraza a escápula cara a adiante sobre a parede torácica e facilita a rotación escapular. Tamén contribúe a manter a escápula pegada á parede torácica.
Innervación
Está innervado polo nervio torácico longo, que deriva do plexo braquial, atravesa a axila seguindo a parede medial e descende en vertical cara a abaixo pola superficie externa do serrátil anterior, xusto na profundidade á pel e a fascia superficial.