O quinto óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. Dos cinco é o máis medial. Na parte superior artéllase co óso ganchudo, pertencente ao carpo. Na parte máis externa da base, artéllase co cuarto óso metacarpiano. Na superficie interna posúe unha tuberosidade para a inserción do músculo extensor cubital do carpo. A superficie dorsal está separada por unha crista ósea oblicua que discorre dende o lado interno da base ata o lado externo da cabeza.