Museo Casa de la Moneda (Madrid)

Museo Casa de la Moneda
(Museo da FNMT)
e
Cartel á entrada do
Museo Casa de la Moneda
Coordenadas40°25′22″N 3°40′09″O / 40.422861, -3.669044
PaísEspaña
CidadeMadrid
Inauguración1867
Na rede
https://www.museocasadelamoneda.es/
Dialnet: 5308542
editar datos en Wikidata ]

O Museo Casa de la Moneda (galego: "Museo Casa da Moeda) é unha colección e exposición permanente de numismática da Real Casa de la Moneda - FNMT, en Madrid. O museo contén a maior colección numismática de España e unha das máis completas de Europa.

Está situado no edificio da FNMT, na rúa Doctor Esquerdo, en Madrid, e o seu director é Rafael Feria y Pérez desde 1988.[1][2]

Historia

As orixes do museo remóntanse ao século XVIII e están estreitamente vinculadas á figura de Tomás Francisco Prieto, gravador xeral das casas de moeda do rei Carlos III. Prieto foi director de gravado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e fundador, en 1771, dunha escola de gravado na que se formaban os artistas que posteriormente traballarían nas reais casas de moeda de España e das súas colonias.[3]

A sede do Museo Casa de la Moneda, no nº 36 da rúa Doctor Esquerdo.

O núcleo inicial do museo foi unha colección de debuxos, gravados, libros antigos, moedas e medallas feitas por Prieto para axudar no ensino ao seu alumnado. Este xermolo da colección foi adquirido por Carlos III, quen o ampliou con novas compras e doazóns.[3]

En 1867, durante o reinado de Isabel II, espúxose por vez primeira ao público a colección orixinal do Museo da Casa da Moeda, no antigo edificio de ceca madrileña na praza de Colón. A exposición acadou a condición de permanente e mantívose alí ata 1964, cando se trasladou á localización actual na rúa Doctor Esquerdo.[3]

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre foi fundada en 1893 logo da fusión de dúas entidades: a Casa da Moeda e a Fábrica de Selos. Desde 1861, ambas as institucións compartiran o mesmo edificio na praza de Colón, malia seren independentes e teren administracións separadas.[3][4]

Colección e exposicións

Prensa monetaria exposta no Museo Casa de la Moneda (copia dun orixinal do século XVI).

A colección numismática do Museo Casa de la Moneda parte desde as orixes da moeda, pasando polas cuñaxes da antiga Grecia, da antiga Roma e da antiga Iberia, da Idade Media, dos Reis Católicos, da Casa de Austria e da Casa de Borbón. Inclúense tamén dúas dalas con moedas desde o século XIX ata o século XXI.[5][6]

Así mesmo, o museo dispón de salas dedicadas á medalla, ás artes gráficas, ao papel selado, á lotaría e á filatelia, e algúns exemplos de maquinaria de cuñaxe e de verificación da autenticidade de billetes.[5][6]

En paralelo á exposición permanente, o museo ofrece tamén exposicións temáticas de carácter temporal.[7]

Notas

  1. "Información al visitante". Museocasadelamoneda.es
  2. Martínez Gallego, J. M. "Rafael Feria, director del Museo Casa de la Moneda: “Es el museo monetario más grande del mundo entre los dependientes de una casa de moneda o banco central” Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Crónica Numismática.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Historia del Museo". Museocasadelamoneda.es
  4. "Información Institucional: Mirada histórica". Fnmt.es
  5. 5,0 5,1 "Exposición permanente". Museocasadelamoneda.es
  6. 6,0 6,1 "Museo". Museocasadelamoneda.es
  7. "Exposiciones temporales". Museocasadelamoneda.es

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas