O Gabinet Numismàtic de Catalunya (en galego: "Gabinete Numismático de Cataluña") é un museo monográfico creado en Barcelona en 1931 pola Xunta de Museos, que agrupa as coleccións numismáticas de patrimonio municipal e dalgúns outros organismos oficiais.[1][2]
A súa responsable, co gargo de conservadora xefa, é Marta Campo i Díaz.[3]
Historia
Antecedentes: formación da colección numismática
Como entidade, o Gabinete é o herdeiro das diversas reorganizacións das coleccións públicas que se sucederon en paralelo á historia da súa constitución como museo, aínda que tamén se nutriu de varias adquisicións e doazóns, entre as que cómpre salientar particularmente a do avogado catalán Josep Salat i Móra (1762-1832), que constituíu o piar da colección inicial do Gainete. A doazón de Salat, feita en 1819 á Xunta de Agricultura, Industria e Comercio de Barcelona, estaba constituída por 796 moedas e 33 medallas.
Máis tarde, no ano 1881, a colección de moedas pasou ao extinto Museo Provincial de Antigüidades de Barcelona (1880-1932), que xa contaba no momento da súa creación con outras 818 moedas e 123 medallas.
En 1882 fundouse o Museo Martorell, na Ciutadella, a partir da doazón feita, en 1878, por Francesc Martorell i Peña, de 1640 moedas e 70 medallas. O Museu Martorell foi aumentando os seus fondos con máis doazóns e adquisicións, como as da colección Clemente Pujol (1883), con 224 pezas, a colección Artur Pedrals (1889), con 451 moedas e 43 medallas, ou a colección de Francesc Esteve Sans (1904), con 2076 pezas e tamén libros especializados.
En 1907, a Xunta de Museos achegou ademais 3.386 moedas e 430 medallas.
No ano 1923, pasou tamén a patrimonio público o legado numismático de Ròmul Bosch i Alsina, importante empresario naval, presidente da Xunta de Obras do Porto e alcalde de Barcelona, formado por 5.396 pezas.
Así as cousas, no ano 1931, cando foi constituído o Gabinete Numismático de Cataluña, tíñase xa reunido un fondo de arredor de 18.000 pezas. E ademais do seu número, a outra cuestión importante é a representatividade nesta colección das diferentes series de moedas gregas, romanas, visigodas, catalanoaragonesas, castelás, etc.; sistemas monetarios que funcionaron en Cataluña e cos que as súas xentes se relacionaron ao longo da historia en diferentes períodos políticos e culturais.[4]
O Gabinet Numismàtic de Catalunya como institución
Unificada, pois, a importante colección e creado o Gabinete en 1931, desde ese ano e ata a súa xubilación en 1957, o numismáticovalencianoVicenç Amorós i Barra foi o seu organizador e primeiro director, seguindo as instrucións da Xunta de Museos, que lle fixera a encarga. Amorós dotouno inicialmente de seis salas de exposición e de instalacións para a investigación.[5]
No ano 1948, o Gabinete instalouse na á oriental no andar superior do pazo do Parque da Ciutadella (sede, décadas máis tarde, do Parlament de Catalunya) e considerouse naquela época entre os mellor equipados de Europa no seu xénero.
Xa na súa sede de Montjuïc, o Gabinete Numismático de Cataluña permite ao visitante coñecer a traxectoria da fabricación e da circulación monetaria en Cataluña. O Gabinete custodia exemplares das principais series numismáticas, emitidas desde o século VIa. de C. ata o presente, ata un total de arredor de 100.000 pezas, entre moedas e medallas, número que continúa a aumentar con progresivas doazóns e adquisicións.[6][7] Conta, ademais, cunha excelente biblioteca especializada.[8]
Tanto nos seus inicios, con dependencia municipal ou doutras institucións (Concello de Barcelona, Xunta de Muesos, etc.), como, posteriorrmente, dentro do programa de publicacións do Museo Nacional de Arte de Cataluña, o Gabinete Numismático de Cataluña publicou as seguintes monografías sobre tema numismático:[10]
(2012): La moneda en temps de crisi. XVI Curs d'història monetària d' Hispània. M. Campo (coord.). ISBN 978-84-8043-255-9
(2012): Déus i mites de l'antiguitat. L'evidència de la moneda d'Hispània. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8043-246-7
(2013): Revolució industrial i producció monetària. La Seca de Barcelona i el seu context. Estrada-Rius Albert (ed.). ISBN 978-84-8043-266-5
(2014): Històries metàl.liques. Art i poder a la medalla europea. Albert Estrada-Rius. ISBN 978-84-8043-271-9
(2014): Pellofes & ploms eclesiàstics : un patrimoni numismàtic per descobrir : XVIII Curs d'història monetària hispànica. Autoría colectiva. ISBN 9788480432740
(2016): De la dracma a l’euro. Sistemes i unions monetàries a l’occident d’Europa. Albert Estrada-Rius (coord.). ISBN 978-84-8043-330-3
↑Estivill Rius, A. "Josep V. Amorós Barra". En Qui era qui a l’Escola de Bibliotecàries. Notícies biogràfiques del professorat (1915-1972). Edicions Universitat Barcelona, 2016. Páxinas 83-84. ISBN 978-84-475-4015-0
↑Clua, M.; Marot, T. "Adquisicions del Gabinet Numismàtic de Catalunya MNAC". En Butlletí del Museu Nacional d'Art de Catalunya. 1993. Vol I.
Campo, M. "El projecte museològic del Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Butlletí del Museu Nacional d'Art de Catalunya. Vol. 8. 2005. Páxinas 95-98. ISSN: 2014-6795.
Crusafont i Sabater, M. "De nou sobre les pellofes del Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Acta Numismàtica. Nº 37. 2007. Páxinas 175-184. ISSN 0211-8386