O Museo do Diñeiro (nome orixinal: MoneyMuseum) é un museo de titularidade privada con sede en Zürich, Suíza, especializado na historia monetaria e no futuro do diñeiro.
O museo está financiado pola organización sen ánimo de lucro Sunflower Foundation.[1]
Historia
O Museo do Diñeiro de Zürich foi fundado en 1999 polo analista financeiro Jürg Conzett. A base do museo foi a súa colección numismática partircular, e Conzett creou a Fundadción Sunflower para se encargar da súa xestión.[2]
En outubro de 2000, o MoneyMuseum inaugurou unha sucursal no Museo Nacional Suízo e en 2002 abriu unha exposición permanente no Museo Bärengasse, de Zürich,[3] no que tamén se presentou a exposición temporal "Os zuriqueses e o seu diñeiro".[4]
En febreiro de 2003, o Museo do Diñeiro inaugurou unhas novas instalacións no número 106 da Hadlaubstrasse, cunha superficie de 500 metros cadrados, onde se instalou unha exposición permanente, que se complementa con outras e carácter temporal e eventos diversos.[3]
O museo dispón dun espazo en liña onde se poden consultar os fondos da súa colección, ademais doutros contidos deseñados especificamente para este espazo virtual.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas