Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / CAPT. JAMES COOK DISCOVERER OF HAWAII / IN GOD WE TRUST / HALF DOLLAR.
R/: Un xefe nativo hawaiano cunha man estendida a modo de benvida. Detrás unha palmeira, cabanas de herba na praia de Waikki, e o cono volcánico Diamond Head.
A moeda representa a Cook no anverso e un xefe hawaiano no reverso. A súa tiraxe foi só de 10.000 exemplares, polo que se trata dunha moeda escasa.
En 1927, a asemblea lexislativa do Territorio de Hawai aprobou unha resolución na que lle pedía ao Goberno dos Estados Unidos a emisión dunha moeda conmemorativa do 150 aniversario da chegada ao arquipélago de James Cook. O secretario do Tesouro, Andrew Mellon, considerou a ocasión o bastante importante como para non oporse á emisión. A lei do medio dólar hawaiano foi aprobada polo Congreso sen oposición nin emendas e foi asinada o 7 de marzo de 1928 polo presidenteCalvin Coolidge.
O escultor Chester Beach fixo os modelos de xeso para as moedas a partir de esbozos de Juliette May Fraser. Beach tivo algúns problemas para obter a aprobación dos seus deseños, xa que a Casa da Moeda e Victor Stewart Kaleoaloha Houston, delegado do Territorio de Hawai no Congreso, formularon algunhas obxeccións, que finalmente se arranxaron.
Aínda que o prezo oficial de venda desta moeda foi de dous dólares, o máis alto para un medio dólar conmemorativo ata aquel momento, as moedas esgotáronse axiña e o seu valor foi aumentando ata superar o milleiro de dólares por un exemplar en boas condicións.
Inicio
A creación do medio dólar do Sesquicentenario de Hawai propúxose con motivo das celebracións do 150 aniversario da chegada do capitán James Cook ás illas hawaianas, o primeiro europeo en facelo. Os planificadores decidiron que a data das celebracións fose agosto de 1928, a medio camiño entre o sesquicentenario do desembarco de Cook en xaneiro de 1778 e o da súa morte nas illas en febreiro de 1779. A Administración do Territorio de Hawai aprobou unha resolución para lles dar carácter oficial ás celebracións e solicitar ao Goberno federal a participación das Forzas Armadas. A resolución pedía a Washington que invitase o Reino Unido —o país ao que Cook era leal— e tamén outras nacións. Así mesmo, solicitáballe ao Goberno federal a emisión dunha moeda de medio dólar e de selos postais na honra do aniversario.[4] Naquela época, o Goberno non vendía as moedas conmemorativas, senón que o Congreso, ao autorizar a emisión, designaba unha entidade sen ánimo de lucro á que lle atribuía o dereito exclusivo de adquirir as moedas ao seu valor nominal e vendelas ao público cun sobreprezo, como vía de financiamento de campañas altruístas.[5] No caso do medio dólar de Hawai, a Comisión do Sesquicentenario de Cook de Hawai era o grupo designado para tal efecto.[6]
Bruce Cartwright, Jr. foi o encargado de elixir o deseño da moeda para a Comisión Cook. A Sra. Ethelwyn Castle, unha persoa de espírito cívico, organizoulle un encontro con Juliette May Fraser, unha artista local. Cartwright preparara debuxos de estilo caricaturesco, co retrato de Cook baseado nunha placa de cerámica que pertencera á raíñaEmma de Hawai, na que aparecía o explorador ollando cara á dereita.[7] O 2 de novembro, Charles Moore, presidente da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos,[8] escribiu a Mary M. O'Reilly, subdirectora da Casa da Moeda, para lle comunicar que os esbozos de Juliette Fraser eran excelentes e se poderían trasladar ben a unha moeda.[9]
O historiadornumismáticoDon Taxay suxire que é probable que os membros da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes xa acordaran apoiar a creación do medio dólar hawaiano antes de que se presentase un proxecto de lei ao respecto, xa que os preparativos comezaran con anterioridade.[13] O 5 de decembro de 1927, o delegado do territorio —sen voto— no Congreso, Victor Stewart Kaleoaloha Houston, presentou unha proposta de lei na Cámara de Representantes, que foi remitida á Comisión de Moeda, presidida polo congresista de Nova Jersey Randolph Perkins, que celebrou unha sesión o 23 de xaneiro de 1928. O delegado Houston compareceu en apoio do seu proxecto de lei e, para sorpresa dos membros da Comisión, conseguira unha declaración do secretario do Tesouro, Andrew Mellon, na que este afirmaba que non se opuña ao proxecto. Normalmente, cando se propuña unha moeda conmemorativa, Mellon argumentaba que no seu lugar debía emitirse unha medalla. Este fora o caso, por exemplo, da medalla nórdico-estadounidense emitida tres anos antes: o seu patrocinador, o membro da Comisión Ole J. Kvale, de Minnesota, abandonara os seus plans iniciais de solicitar unha moeda por mor da oposición do departamento do Tesouro, dirixido por Mellon. O congresista Kvale estaba "moi interesado en saber que poder de persuasión exerceu o cabaleiro de Hawai para conseguir un informe tan favorable".[14] Kvale, un estadounidense de orixes familiares norueguesas, preguntou: "por que se produciu esta discriminación contra dous millóns e medio de persoas nos Estados Unidos a favor duns 35.000 brancos nese Territorio?".[15]
Houston declarou que non fixera presión sobre o Tesouro para obter a aprobación da moeda, e Perkins, antes de prometer buscar máis información, especulou con que quizais se debese a que as moedas se ían emitir lonxe do territorio continental dos Estados Unidos. Houston declarou ante a Comisión que a moeda era "algo que poderán conservar as persoas que asistan á celebración en lembranza desta, e estará ao dispor dos estranxeiros que acudan alí, así como da nosa propia xente que celebre a ocasión".[16] Kvale declarou que votaría a favor do proxecto de lei. Bill G. Lowrey, de Mississippi, sinalou que, como dixera antes, non votaría a favor de ningún proxecto de lei sobre a moeda; Perkins coincidiu en que Lowrey deixara clara a súa postura.[17] Perkins emitiu un informe o 1 de febreiro de 1928, no que relataba a historia da moeda proposta e indicaba o apoio da súa comisión.[18]
O proxecto de lei foi aprobado sen obxeccións pola Cámara de Representantes o 20 de febreiro de 1928.[19] O Senado recibiu o proxecto o día seguinte e remitiuno á Comisión de Banca e Moeda. O 27 de febreiro, Peter Norbeck, de Dakota do Sur, remitiu o proxecto de lei ao Senado sen emendas, e incluíu no informe unha carta do secretario Mellon a Perkins datada o 13 de febreiro, na que Mellon ampliaba as súas razóns para non se opor á aprobación da moeda de Hawai. Mellon afirmaba que só se emitiría un número simbólico de pezas, e que a celebración, patrocinada polo Goberno territorial, era de importancia nacional.[20] O proxecto de lei foi aprobado polo Senado o 2 de marzo sen que se rexistrase oposición,[21] e foi promulgado o 7 de marzo logo da sinatura do presidente Calvin Coolidge. A lei dispuña a emisión de ata 10.000 moedas de medio dólar en lembranza do sesquicentenario, e que os beneficios da comercialización da moeda se destinasen á creación dunha colección do capitán James Cook nos arquivos territoriais.[22]
Preparación
Logo da aceptación da encarga por parte de Beach o 12 de marzo de 1928, remitíronselle os esbozos realizados por Juliette Fraser. O 7 de abril enviou os modelos terminados á Casa da Moeda e as fotografías á Comisión de Belas Artes. Tanto a Casa da Moeda como o delegado hawaiano Houston responderon con varias críticas; a máis relevante era que o relevo da moeda era alto e difícil de acomodar aos cuños do tamaño dunha moeda.[23] O 19 de abril, o gravador xefe da Casa da Moeda, John R. Sinnock, escribiu nun informe que a moeda sería moi difícil de producir porque a zona de maior relevo de ambas as faces coincidía na mesma parte do deseño.[24]. Beach aceptou entón rebaixar os puntos altos que puidesen causar dificultades na Casa da Moeda.[25]
O delegado Houston tiña unha longa listaxe de obxeccións sobre o deseño da moeda. Por exemplo, Beach colocara un adobío no nocello do xefe nativo, o que Houston consideraba que non resultaba acaído. Beach defendeu algunhas das súas decisións, como o adobío do nocello —que acabou sendo retirado, pola insistencia de Houston insistiu— e prometeu modificar algunhas outras que provocaran as obxeccións. Isto non foi suficiente para Houston, que tampouco estaba satisfeito coa forma da palmeira na moeda, e Beach modificou novamente o deseño. Beach enviou os modelos definitivos, indicando que só consideraría facer cambios se a Fábrica da Moeda llo pedía. Escribiu a Moore: "Creo que o máis apropiado para o Sr. Houston sería levar o escultor e a súa familia a Hawai, e deixarnos vivir entre palmeiras durante un tempo para absorbermos a atmosfera dese paraíso".[26]
A moeda foi aprobada pola Comisión de Belas Artes. O 9 de maio, O'Reilly escribiu a Beach que o deseño recibira tamén a aprobación do secretario do Tesouro Mellon.[27]
O reverso está baseado nunha estatua do rei de HawaiKamehameha I, deseñada por Thomas R. Gould e destinada a "simbolizar a gloria pasada e futura do Reino de Hawai".[7] Este reverso amosa un xefe hawaiano en traxe cerimonial no alto dun outeiro, co brazo estendido en sinal de saúdo e benvida. Simboliza a Hawai saíndo da escuridade. A palmeira que se eleva sobre el representa o romanticismo. Detrás del vese unha aldea hawaiana na praia de Waikiki e o cono volcánico Diamon Head, que representan a historia e a antigüidade. O deseño carece case por completo de inscricións: só se incluíu o lema E PLURIBUS UNUM ("De entre moitos, un") e as datas da conmemoración,1778 1928.[30] Baixo o lema en latín vense fentos: Houston quería eliminar as plantas, pero Beach insistiu en conservalas para equilibrar o deseño.[32] Juliette Fraser fixera varios esbozos, todos cos mesmos elementos básicos de deseño, pero co xefe en diversas poses e con Diamond Head en distintas posicións.[7]
O historiador da arteCornelius Vermeule, no seu volume sobre as moedas e as medallas estadounidenses, escribiu que o anverso "está demasiado ateigado, malia o busto grande, plano e vestido", e que os elementos do deseño do reverso "son demasiados para unha moeda pequena".[33] Considerou que "a moeda na honra de Hawai de 1928 [...] non lle dá mérito a Chester Beach que a moeda de Lexington-Concord [de 1925]".[34]
Produción, distribución e coleccionismo
A Casa da Moeda de Filadelfiacuñou 10.008 medios dólares do Sesquicentenario de Hawai en xuño de 1928. Os oito exemplares por riba dos 10.000 autorizados estaban reservados para a súa inspección pola Comisión de Ensaios dos Estados Unidos na súa reunión anual de 1929. Cincuenta pezas da tiraxe recibiron un acabamento especial, coñecido como proof —fondo espello e relevo mate—,[35] para seren entregadas a diversas personalidades e institucións, como os membros da Comisión Cook, o presidente Coolidge e o almirantadobritánico. Do resto da tiraxe, a metade venderíase nas illas hawaianas e a outra metade reservaríase para pedidos procedentes doutros lugares. O Banco de Hawai encargouse da distribución en nome da Comisión Cook.[36] O seu prezo oficial foi de dous dólares por moeda, o máis alto para un medio dólar conmemorativo ata aquel momento.[37]
As vendas comezaron o 8 de outubro de 1928 e esgotouse axiña. Os numismáticosAnthony Swiatek e Walter Breen, no seu libro sobre as moedas conmemorativas estadounidenses, escriben que, aínda que "nunca houbo ningún escándalo en torno a estas moedas", déronse rumores non confirmados de acaparamento, ata un total de 1.500 moedas, tomadas da asignación para os hawaianos e mantidas fóra do mercado.[38] Un destes agrupamentos, de 137 pezas, abranguería moedas dunha asignación para o Banco de Hawai para a venda aos seus empregados, que o presidente do banco retirara da venda. Estas moedas permaneceron nas cámaras acoirazadas ata 1986, cando se venderon nunha poxa.[35] Moitos exemplares do medio dólar do Sesquicentenario de Hawai foron adquiridos por non coleccionistas e amosan os efectos dunha manipulación deficiente.[39]
A Colección Conmemorativa do Capitán Cook, adquirida en parte cos fondos recadados coas moedas, áchase agora no Museo Bishop de Honolulu.[40]
A moeda de medio dólar do Sesquicentenario de Hawai é a máis escasa das conmemorativas emitidas pola Casa da Moeda dos estados Unidos con este valor facial. O catálogo A Guide Book of United States Coins, de Richard S. Yeoman, na súa edición de 2015, atribúelle un prezo de entre 1.850 e 11.000 dólares, en función do seu estado de conservación. Os escasísimos exemplares cuñados en versión proof cotízanse en arredor de 50.000 dólares, aínda que ningunha apareceu nunha poxa numismática recentemente. Un espécime da tiraxe ordinaria nunhas condicións de conservación e de aspecto excepcionais acadou os 25.850 dólares en 2013.[41] Por outra banda, desta moeda coñécense ata polo menos tres falsificacións diferentes.[39]
↑ 7,07,17,2Medcalf, D.; Russell, R. (1991) [1978]. Páxina 50.
↑A Comisión, en virtude dunha orde executiva de 1921 do presidente Warren G. Harding, emite dictames consultivos sobre os deseños propostos para as monedas. Véxase Taxay, D. (1967). Páxinas V-VI.
↑House Committee on Coinage, Weights and Measures (1928). "To authorize coinage of silver 50-cent pieces in commemoration of the one hundred and fiftieth anniversary of discovery of the Hawaiian Islands, etc". 1 de febreiro.
Buddy HollyInformasi latar belakangNama lahirCharles Hardin HolleyLahir7 September 1936Asal Lubbock, Texas Amerika SerikatGenreRock and roll, countryPekerjaanPenyanyi, pencipta lagu, gitarisInstrumenVokal, gitarTahun aktif1956 – 1959LabelDecca,Brunswick,CoralArtis terkaitThe CricketsSitus webwww.buddyholly.com Charles Hardin Holley yang populer dengan nama Buddy Holly (7 September 1936 – 3 Februari 1959) adalah penyanyi Amerika Serikat sekaligus pencipta lagu dan perintis ro...
Страшная история Техники анимации рисованная и перекладная анимация Режиссёр Галина Баринова Автор сценария Альберт Иванов Роли озвучивали Анатолий Щукин,Костя Завалишин Композитор Владимир Кривцов Страна СССР Производство Художники-постановщики Галина Бар�...
Bukit Gado-GadoKelurahanPanorama Bukit Gado Gado dengan pemandangan Samudera Hindia, Pantai Air Manis dan Teluk BayurNegara IndonesiaProvinsiSumatera BaratKotaPadangKecamatanPadang SelatanKode Kemendagri13.71.01.1012 Kode BPS1371040008 Luas-Jumlah penduduk-Kepadatan- Bukit Gado-Gado adalah salah satu kelurahan di Kecamatan Padang Selatan, Padang, Sumatera Barat, Indonesia. Pranala luar (Indonesia) Keputusan Menteri Dalam Negeri Nomor 050-145 Tahun 2022 tentang Pemberian dan Pemutakhiran ...
Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...
Type of radio station A 1980s consumer-grade citizens' band radio (CB) base station Base station (or base radio station) is – according to the International Telecommunication Union's (ITU) Radio Regulations (RR)[1] – a land station in the land mobile service. The term is used in the context of mobile telephony, wireless computer networking and other wireless communications and in land surveying. In surveying, it is a GPS receiver at a known position, while in wireless communicatio...
التنظيمات العثمانيةمعلومات عامةالبداية 1839 النهاية 1876 المنطقة تركيا وصفها المصدر قاموس بروكهاوس وإفرون الموسوعي قاموس بروكهاوس وإفرون الموسوعي الصغير معجم التخاطب لماير التأثيراتأحد جوانب الدولة العثمانية تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات التنظيمات العثمانية تعر�...
Le prix Albert-Lasker pour la recherche médicale fondamentale est l'un des quatre prix Albert-Lasker décerné par la Fondation Lasker pour la « compréhension, le diagnostic, la prévention, le traitement, et guérison d'une maladie ». Ce prix, ainsi que le Prix Albert-Lasker pour la recherche médicale clinique sont la plus haute récompense scientifique médicale aux États-Unis, est souvent considéré comme l'antichambre du prix Nobel de physiologie ou médecine. Jusqu'en 20...
Kazuma Watanabe Informasi pribadiNama lengkap Kazuma WatanabeTanggal lahir 10 Agustus 1986 (umur 37)Tempat lahir Prefektur Nagasaki, JepangTinggi 182 m (597 ft 1 in)Posisi bermain PenyerangInformasi klubKlub saat ini FC TokyoNomor 9Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2009-2011 Yokohama F. Marinos 2012- FC Tokyo Tim nasional2010 Jepang 1 (0) * Penampilan dan gol di klub senior hanya dihitung dari liga domestik Kazuma Watanabe (lahir 10 Agustus 1986) adalah pemain sepak bol...
2016 film by Barry Sonnenfeld Nine LivesTheatrical release posterDirected byBarry SonnenfeldWritten by Gwyn Lurie Matt R. Allen Caleb Wilson Daniel Antoniazzi Ben Shiffrin Produced byLisa EllzeyStarring Kevin Spacey Jennifer Garner Robbie Amell Cheryl Hines Malina Weissman Christopher Walken CinematographyKarl Walter LindenlaubEdited by Don Zimmerman David Zimmerman Music by Evgueni Galperine Sacha Galperine ProductioncompanyFundamental FilmsDistributed byEuropaCorpRelease dates 31 July&...
24º torneo olimpico di pallanuotoAtene 2004Informazioni generaliSport Pallanuoto EdizioneGiochi della XXVIII Olimpiade Paese ospitante Grecia CittàAtene Periododal 15 agosto al 29 agosto 2004 Nazionali maschili12 Nazionali femminili8 Incontri disputati64 Classifica finale maschile Vincitore Ungheria Secondo Serbia e Montenegro Terzo Russia Classifica finale femminile Vincitore Italia Secondo Grecia Terzo Stati Uniti Cronologia della competizi...
11th and 12th-century Spanish farmer and saint SaintIsidore the LaborerSaint Isidore the FarmerConfessorBornc. 1070 or 1082[1]Madrid, Taifa of ToledoDied15 May 1130 (aged 59) or 1172Madrid, Kingdom of CastileVenerated inRoman Catholic ChurchAnglican CommunionAglipayan ChurchBeatified2 May 1619, Rome by Pope Paul VCanonized12 March 1622, Rome by Gregory XVFeast15 May;[2] 25 October; 22 MarchAttributesPortrayed as a peasant holding a sickle and a sheaf of corn, a sick...
Chinese general In this Chinese name, the family name is Deng. Deng HuaNative name邓华Born(1910-04-28)April 28, 1910Chenzhou, Hunan, Qing dynastyDiedJuly 3, 1980(1980-07-03) (aged 70)Shanghai, ChinaAllegiance People's Republic of ChinaService/branchPeople's Liberation ArmyRankGeneralCommands heldShenyang Military RegionBattles/warsChinese Civil WarSecond Sino-Japanese WarKorean WarAwardsOrder of Bayi (First Class)Order of Independence and Freedom (First Class)Order of Liberation (...
Israeli football club This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Hapoel Ra'anana A.F.C. – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2014) (Learn how and when to remove this message) Football clubHapoel Ra'ananaFull nameHapoel Ra'anana Association Football ClubFounded1938; 86 yea...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Figeac – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2023) (Learn how and when to remove this message) Subprefecture and commune in Occitania, FranceFigeacSubprefecture and communeA general view of Figeac Coat of armsLocation of Figeac FigeacShow map of F...
Full immersion in an activity Flow state redirects here. For the album, see Flow State. Concentrating on a task, one aspect of flow Flow in positive psychology, also known colloquially as being in the zone, is the mental state in which a person performing some activity is fully immersed in a feeling of energized focus, full involvement, and enjoyment in the process of the activity. In essence, flow is characterized by the complete absorption in what one does, and a resulting transformation in...
FC BorgoDatos generalesNombre Football Club BorgoApodo(s) Escuadrón NegroFundación 3 de julio de 2017 (6 años)Presidente José OrsiniEntrenador Stéphane RossiInstalacionesEstadio Stade Paul-AntoniottiCapacidad 1,300Ubicación Borgo, FranciaUniforme Titular Alternativo Tercero Última temporadaLiga Championnat National 2 - Grupo C(2023-24) 12º [editar datos en Wikidata] El Football Club Borgo es un equipo de fútbol de Francia que juega en el Championnat National 3, la quin...
American mathematician and programmer Ralph William Gosper Jr.Born (1943-04-26) April 26, 1943 (age 81)NationalityAmericanAlma materMassachusetts Institute of TechnologyOccupation(s)Programmer, Computer scientist, MathematicianOrganizationsXerox PARC, Symbolics, Wolfram Research, the Lawrence Livermore Laboratory, Macsyma, Inc.Known forGosper curve, Gosper Glider Gun, Gosper's algorithm, Hashlife Ralph William Gosper Jr. (born April 26, 1943), known as Bill Gosper, is an Americ...
Federasi Sepak Bola LuksemburgUEFADidirikan1908Bergabung dengan FIFA1910Bergabung dengan UEFA1954PresidenPaul PhilippWebsitewww.flf.lu Federasi Sepak Bola Luksemburg (bahasa Prancis: Fédération Luxembourgeoise de Football (FLF)) adalah badan pengendali sepak bola di Luksemburg. Kompetisi Badan ini menyelenggarakan beberapa kompetisi di Luksemburg, yakni: Liga Divisi Nasional Luksemburg Liga Divisi Kehormatan Luksemburg Piala Luksemburg Piala Super Luksemburg Tim nasional Badan ini juga ...
Природні зони океану Літораль Естуарій Ліс водоростей Кораловий риф Мілина Континентальний шельф Неритова зона Протока Пелагіаль Підводні гори Гідротермальне джерело Холодні просочування Демерсальна зона Бенталь пор Sediment Rock Mantle Континента́льни�...