Maria Sibylla Merian

Modelo:BiografíaMaria Sibylla Merian

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1647 Editar o valor en Wikidata
Frankfurt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1717 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Ámsterdam (Provincias Unidas) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Suriname (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónentomóloga, ilustradora, ilustradora científica, ilustrador botánico, artista gráfica, pintora, botánica, naturalista, lepidopterólogo, artista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohann Andreas Graff Editar o valor en Wikidata
FillosJohanna Helena Herold, Dorothea Maria Henriette Merian Editar o valor en Wikidata
PaiMatthäus Merian Editar o valor en Wikidata
IrmánsMatthaeus Merian
Caspar Merian Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Merian, Marie Sibylle)
The Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Maria Sibylla Merian)
Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) Traducir, (sec:Merian, Maria S.) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1300627 Discogs: 2300930 WikiTree: Merian-12 Find a Grave: 7280297 Editar o valor en Wikidata

Maria Sibylla Merian, nada en Frankfurt o 2 de abril de 1647 e finada en Ámsterdan o 13 de xaneiro de 1717, foi unha naturalista, exploradora e pintora alemá, de pais suízos.[1] Malia ser ignorada durante longo tempo, é hoxe considerada coma unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas ás observacións detalladas e á súa descrición, con ilustracións propias, da Metamorfose das bolboretas.

Traxectoria

Alemaña

María Sibylla Merian, filla de Matthäus Merian o vello, gravador en talla doce e editor que se fixo relativamente famoso grazas ás edicións de Teatro Europeo (‘’Theatrum Europaeum’’) e Topografías (Topographien). Morreu cando María Sibylla tiña tres anos. A nai, Johanna Sibylla Heim, era a segunda esposa de Matthäus Merian. Máis tarde, o seu padrasto, Jakob Marell, coñecido polos seus cadros de flores, aprendeulle a pintar, debuxar e gravar. Aos trece anos xa pintaba as súas primeiras imaxes de insectos e de plantas a partir de modelos que capturaba directamente.

Na miña mocidade dediqueime á procura de insectos. Comecei cos vermes da seda da miña cidade natal de Fráncfort. Despois establecín que a partir de outras eirugas desenvolvíanse moitas das máis belas bolboretas, coma o fan os vermes da seda. Isto levoume a apañar todas a eirugas que podía atopar para ollar a súa transformación.
Metamorphosis Insectorum Surinamensium, limiar
Ilustración da obra Metamorfose dos insectos do Suriname.

Aos 18 anos, en 1665, María Sibylla casou cun pintor especializado en arquitectura, Johann Andreas Graff. Logo de dous anos tivo a súa primeira filla, Johanna Helena, e a familia mudouse a Núremberg. A crenza da época aseguraba que os insectos eran o resultado da "xeración espontánea na lama en putrescencia". Esta opinión remontábase a Aristóteles e levara á Igrexa a designar a estes animais coma "bestas do diaño". Malia existir esta crenza, Maria preguntábase como podían xurdir as máis fermosas bolboretas das eirugas. Estudou a metamorfose, os detalles crisálide e as plantas das cales se alimenta a eiruga. Ilustrou así todos os estadios do desenvolvemento no seu caderno de bosquexos.

Este caderno de bosquexos é a trama do seu primeiro libro, publicado cando tiña 28 anos, en 1675, co nome de Novo libro de flores. Neste só as flores son reproducidas de xeito moi enxeñoso e detallado. Os dous últimos volumes do libro publicáronse en 1677. En 1678 naceu a súa segunda filla, Dorotha Maria, e un ano máis tarde publicou o seu libro A eiruga, marabillosa transformación e estraña alimentación floral que é a súa segunda grande obra. Neste libro presenta os distintos estadios de desenvolvemento das distintas especies de bolboretas sobre as plantas das que se alimentan.

Países Baixos

En 1685 Merian separouse do seu home e s mudou ao castelo Waltha (Países Baixos) co seu cuñado para morar nunha comuna pietista. O castelo pertencía a Cornelis van Sommelsdijk, gobernador do Suriname. Neste local estudou a fauna e flora tropical de América do sur e, trala morte do seu cuñado un ano despois, instalouse en Ámsterdan. Púxose alí en contacto cuns outros naturalistas e con varios propietarios particulares de orangeries (pomares de laranxeiras) e paxareiras.

Suriname

En 1699, con 52 anos, viaxou coa súa filla máis nova ao Suriname. Entusiasmada polas coleccións dos seu amigos escribiu:

Nos Países Baixos, constatei porén abraiada que se deixaban traer cantidade de fermosos animais das Indias orientais e occidentais, concedíaseme a honra de me deixar consultar de xeito particular a cara colección do ben nacido doutor Nicolaas Witsen, alcalde da cidade e director da sociedade das Indias orientais así como a do nobre don Jonás Witsen, secretario desta mesma vila. Ademais, vía tamén as coleccións de don Fredericus Ruysch, doutor en medicina e profesor de anatomía e botánica, de don Livinus Vincent e doutras persoas. Nesas coleccións, encontrei este coma outros innumerábeis insectos, mais ao fin se a súa orixe e reprodución son descoñecidos, leva a preguntarse como se van transformar a partir de eirugas en crisálides e así seguidamente. Todo isto levoume a emprender unha gran viaxe a soñar dende hai tempo e marchar ao Suriname.
‘’Metamorphosis Insectorum Surinamensium’’ (Metamorfose dos insectos do Suriname), limiar

Aínda que amigos e coñecidos de María desaconsellárona facer esa viaxe ao Suriname, esta non desleixou o seu proxecto. Para a súa viaxe, Mari obtivo unha bolsa da cidade de Ámsterdan. Dende Paramaribo, a capital do país, as dúas mulleres realizaron numerosas excursións ao interior do Suriname. Maria describiu todo o que foi descubrindo sobre a metamorfose dos insectos tropicais de Suriname e realizou un gran número de debuxos e acuarelas. En 1701 contaxiouse de malaria e tivo que interromper a súa viaxe tornando a Ámsterdan.

Retorno aos Países Baixos

Os seus debuxos e bosquexos servíronlle de baseamento para realizar un traballo de importancia sobre a fauna e a flora do Suriname. Coa axuda de varios concidadáns o editor publicou, logo de tres anos de traballo intensivo, a obra máis importante de Maria Sibylla Merian: Metamorphosis Insectorum Surinamensium ( Metamorfose dos insectos do Suriname), publicada en Ámsterdan en 1705.

Metamorfose dunha bolboreta (1705).

Escribiu sobre este libro:

Para a realización deste traballo non fun ávida, mais me considerei satisfeita en canto recuperei o que desembolsara. Non reparei en despensas para a execución desta obra. Fixen gravar as placas por un mestre famoso e escollín o mellor papel para achegar ledicia non só aos afeccionados á arte senón tamén aos afeccionados aos insectos; faime moita ledicia cando escoito que acadei o meu obxectivo e que dou felicidade ao tempo.

( Metamorphosis Insectorum Surinamensium ( Metamorfose dos insectos do Suriname), limiar)

O libro era para a época bastante caro e había poucos compradores, Maria Sibylla Merian non podía vivir só grazas á súa pintura. Dedicouse a dar cursos de debuxo e á venda de utensilios de pintura e preparacións a base de plantas e animais de todo tipo de especies.

Merian, que contaba cunha gran reputación de naturalista e artista, morreu en 1717 aos 70 anos en Ámsterdan. Había dous anos que tiña que se desprazar en cadeira de rodas logo dun ataque de apoplexía.

Nos derradeiros anos do século XX, o traballo de Maria foi descuberto de novo, restaurado e varias veces honrado. O seu retrato púxose no billete de 500 marcos alemáns e nun selo de 0.40 marcos de 1987. Varias escolas levan o seu nome e en xaneiro de 2005 a vila de Warnamünde botou un barco co seu nome pertencente ao Instituto de Investigación no Mar Báltico.

Traballos

O traballo de Merian é considerábel. Na súa época era realmente raro que alguén se interesase de verdade nos insectos. A metamorfose dos animais era case descoñecida. O feito que ela publicase A eiruga, marabillosa transformación e estraña alimentación floral en alemán fíxoa popular na alta sociedade. Por esa mesma razón, era evitada polos científicos do seu tempo, xa que a lingua oficial para a ciencia era o latín.

Paralelamente á metamorfose, Maria Sibylla Merian describiu tamén moitos outros detalles da evolución e vida dos insectos. Mostrou, por exemplo, que cada eiruga depende dun pequeno número de plantas para a súa alimentación e que, polo tanto, os ovos eran postos preto desas plantas. Este traballo fixo dela unha das primeiras naturalistas que observou realmente os insectos, o que lle permitiu descubrir moitas cousas sobre o seu desenvolvemento.

Prancha extraída de Erucarum Ortus.

Continuar a súa pescuda no Suriname foi a súa maior orixinalidade. Polo xeral os seus contemporáneos viaxaban ás colonias para atopar exemplares, facer coleccións e traballar sobre estas ou para instalarse. As viaxes científicas eran case descoñecidas na época, polo que o proxecto de Maria era tomado como unha excentricidade.

Conseguiu, porén, descubrir nas terras de Suriname toda unha serie de animais e plantas completamente novos, coa súa clasificación, que representaba con todo luxo de detalles. A súa clasificación das bolboretas e avelaíñas (que ela chamaba bolboretas-capelas e bolboretas-curuxas) é válida aínda hoxe. Utilizou para as plantas os nomes dos indios que importou a Europa:

Veño de crear a primeira clasificación de todos os insectos con crisálide, as capelas que voan polo día e as curuxas que voan á noite. A segunda clasificación é para os vermes, eirugas, moscas e abellas. Conservei os nomes de plantas, xa que eran utilizados en América polos habitantes e os indios.

( Metamorphosis Insectorum Surinamensium ( Metamorfose dos insectos do Suriname), limiar)

Os debuxos de plantas, serpes, arañas, iguanas e coleópteros tropicais realizados pola súa man son considerados incluso hoxe en día coma obras de arte e coleccionados por afeccionados de todo o mundo. A verba alemá Vogelspinne (migale), literalmente araña-paxaro deriva probabelmente dun dos seus gravados inspirado nun dos bosquexos do Suriname. Este gravado representa unha enorme araña capturando un paxaro (aínda que non se coñecen realmente arañas que cacen paxaros).

Obras

  • Novo libro de flores [Neues Blumenbuch], volume 1, 1675.[2]
  • Novo libro de flores, volume 2, 1677.[2]
  • Novo libro de flores, volume 3, 1677.[2]
  • A eiruga, marabillosa transformación e estraña alimentación floral [Der Raupen wunderbare Verwandlung und sonderbare Blumennahrung], 1679.[3]
  • Metamorfose dos insectos do Suriname [Metamorphosis insectorum Surinamensium], 1705.[4]

Notas

  1. Patricia Rodriguez. María Sybilla Merian. La científica de las mariposas Journal of Feelsynapsis (JoF). ISSN: 2254-3651. 2012 (3): 28-32
  2. 2,0 2,1 2,2 Bürger, Thomas (ed.): New Book of Flowers. Múnic: Taschenbuch, 1999. (ISBN 3-7913-2080-7.)
  3. Der Raupen wunderbare Verwandlung und sonderbare Blumennahrung. Núremberg: Johann Andreas Graffen. Fráncfort y Leipzig: David Funken y Andreas Knortzen, 1679-1683.
  4. Nebel, Gerhard (ed.): Metamorphosis insectorum Surinamensium. Hamburgo: Hoffmann u. Campe, 1964. (ISBN B0000BLI0P.)

Véxase tamén

Bibliografía

Outra prancha da súa autoría
  • Kaiser, Helmut: Maria Sibylla Merian: Eine Biografie, Artemis & Winkler, Düsseldorf, 2001 (ISBN 3-538-07051-2).
  • Keppler, Uta: Die Falterfrau: Maria Sibylla Merian, Múnic, 1999 (ISBN 3-423-20256-4).
  • Kerner, Charlotte: Seidenraupe, Dschungelblüte: Die Lebensgeschichte der Maria Sibylla Merian, Weinheim: Beltz & Gelberg, 1998 (ISBN 3-407-78778-2).
  • Kühn, Dieter: Frau Merian! Eine Lebensgeschichte, S. Fischer, Fráncfort, 2002 (ISBN 3-10-041507-8).
  • Van Dullemen, Inez: Die Blumenkönigin: Ein Maria Sybilla Merian Roman, Aufbau Taschenbuch, Berlín, 2002 (ISBN 3-7466-1913-0).
  • Merian, Maria Sibylla:
  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.
  • De Marchi, Vichi,. (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Ligazóns externas

En inglés

Read other articles:

Ini adalah nama Minahasa, marganya adalah Ngantung Henk Ngantung Gubernur Daerah Khusus Ibukota Jakarta ke-5Masa jabatan26 Agustus 1964 – 15 Juli 1965WakilSoewondo Satoto Hoepoedio PendahuluSoemarno SosroatmodjoPenggantiSoemarno SosroatmodjoWakil Gubernur DKI Jakarta ke-1Masa jabatan1960–1964GubernurSoemarno Sosroatmodjo PenggantiSoewondoSatoto Hoepoedio Informasi pribadiLahirHendrik Hermanus Joel Ngantung(1927-03-01)1 Maret 1927Manado, Sulawesi Utara, Hindia BelandaMenin...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. Ini adalah daftar maskapai penerbangan yang saat ini beroperasi di Rwanda. Maskapai penerbangan IATA ICAO Tanda panggil Mulaiberoperasi Catatan RwandAir WB RWD RWANDAIR 2002 Silverback Cargo Freighters VRB SILVERBACK 2002 Lihat pula Daftar maskapai pe...

 

Basilika Santo FransiskusBasilika Minor Santo FransiskusSpanyol: Basílica Menor de San Francisco en La Pazcode: es is deprecated Basilika Santo Fransiskus16°29′47″S 68°08′14″W / 16.4965°S 68.1373°W / -16.4965; -68.1373Koordinat: 16°29′47″S 68°08′14″W / 16.4965°S 68.1373°W / -16.4965; -68.1373LokasiLa PazNegaraBoliviaDenominasiGereja Katolik RomaSitus webwww.museosanfranciscobolivia.comSejarahDidirikan1549DedikasiSanto Fr...

Richard LydekkerLahir(1849-07-25)25 Juli 1849London, InggrisMeninggal16 April 1915Harpenden, InggrisKebangsaanInggrisPenghargaanLyell Medal (1902)Karier ilmiahBidangGeologiBiogeografiInstitusiTrinity College, CambridgeNatural History Museum Richard Lydekker (25 Juli 1849 – 16 April 1915) adalah seorang naturalis dan geolog Inggris yang juga penulis berbagai buku mengenai sejarah alam.[1] Biografi Peta yang memperlihatkan garis Lydekker, bandingkan dengan garis-garis Wallace dan Web...

 

Gershom ScholemScholem, 1935LahirGerhard Scholem(1897-12-05)5 Desember 1897Berlin, JermanMeninggal21 Februari 1982(1982-02-21) (umur 84)Yerusalem, IsraelKebangsaanJermanIsraelNama lainגרשום שלוםAlmamaterUniversitas Frederick WilliamSuami/istriFania Freud ScholemPenghargaanPenghargaan IsraelPenghargaan BialikEraFilsafat abad ke-20KawasanFilsafat JermanFilsafat YahudiFilsafat Timur TengahAliranFilsafat KontinentalKabbalahWissenschaft des JudentumsInstitusiUniversitas Ibrani ...

 

العلاقات الكوبية المنغولية كوبا منغوليا   كوبا   منغوليا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الكوبية المنغولية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين كوبا ومنغوليا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: وجه المقارنة كوبا من...

Kedutaan Besar Republik Indonesia di HarareLokasi Harare, ZimbabweAlamat3 Duthie AvenueHarare, ZimbabweDuta BesarDewa Made Juniarta SastrawanYurisdiksi Zimbabwe ZambiaSitus webkemlu.go.id/harare/id Kedutaan Besar Republik Indonesia di Harare (KBRI Harare) adalah misi diplomatik Republik Indonesia untuk Republik Zimbabwe dan merangkap sebagai perwakilan Indonesia untuk Republik Zambia.[1] Duta besar Indonesia pertama untuk Zimbabwe adalah Soelarto (1987–1990).[2] Se...

 

Velocio-SRAM 2015GénéralitésÉquipe Canyon-SRAM RacingCode UCI VELStatut Équipe cycliste professionnelle féminine, cyclisme fémininPays  AllemagneSport Cyclisme sur routeEffectif 10Manager général Kristy ScrymgeourPalmarèsNombre de victoires 32[1]Meilleur coureur UCI Lisa Brennauer (7e)Classement UCI 4eSpecialized-Lululemon 2014Canyon-SRAM Racing 2016modifier - modifier le code - modifier Wikidata La saison 2015 de l'équipe Velocio-SRAM est la quatorzième de la formation si on...

 

Cet article est une ébauche concernant une langue et la Pologne. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. carte de présence du masourien, au nord est de la Pologne Le masourien ou mazurská gádka/mazurská gádkia (en polonais : Gwara mazurska, en allemand : Masurisch), est un ethnolecte polonais. Encore pratiqué, il en subsiste des lieds[1], des poésies et des chansons. Il est parlé en Ma...

Сибирский горный козёл Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:СинапсидыКла�...

 

British nobleman, writer, and politician In this name that follows Eastern Slavic naming customs, the patronymic is Dmitrievich and the family name is Tolstoy-Miloslavsky. CountNikolai TolstoyFRSLCount Tolstoy on Hart Fell, Scotland, 2015Head of the House of TolstoyPreceded byCount Dmitri TolstoyChancellor of the IMLIncumbentAssumed office 1987Preceded byKenneth McLennan Hay Personal detailsBorn (1935-06-23) 23 June 1935 (age 88)London, EnglandPolitical partyConservative (1991–...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

Israeli weekly newspaper Makor RishonTypeWeekly newspaperFormatBroadsheetOwner(s)Israel HayomEditorHagai SegalFounded1997LanguageHebrewCountryIsraelWebsitemakorrishon.co.ilMedia of IsraelList of newspapers Makor Rishon (Hebrew: מָקוֹר רִאשׁוֹן lit. Firsthand Source) is a semi-major Israeli newspaper associated with Religious Zionism and the conservative right-wing.[1][2] History Makor Rishon was founded as a weekly magazine in July 1997 in order to create an inde...

 

Highest court in the U.S. state of Colorado Colorado Supreme CourtEstablished1876JurisdictionColoradoLocationDenverComposition methodMissouri plan with retention electionsAuthorized byColorado State ConstitutionAppeals toSupreme Court of the United StatesJudge term length10 yearsNumber of positions7WebsiteOfficial siteChief JusticeCurrentlyBrian BoatrightSinceJanuary 1, 2021 The Colorado Supreme Court is the highest court in the U.S. state of Colorado. Located in Denver, the court was establi...

 

American sociologist and writer (1894–1962) Poster from Office of War Information. Domestic Operations Branch. News Bureau, 1943 Frazier in 1922 Edward Franklin Frazier (/ˈfreɪʒər/; September 24, 1894 – May 17, 1962), was an American sociologist and author, publishing as E. Franklin Frazier. His 1932 Ph.D. dissertation was published as a book titled The Negro Family in the United States (1939); it analyzed the historical forces that influenced the development of the African-American f...

Cet article est une ébauche concernant Cuba. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Province d'Artemisa Situation de la province à Cuba. Administration Pays Cuba Capitale Artemisa Démographie Population 507 304 hab. (2010) Densité 127 hab./km2 Géographie Coordonnées 22° 49′ nord, 82° 46′ ouest Superficie 400 427 ha = 4 004,27 k...

 

For the Persian king, see Kavad II. City in Kantō, JapanShiroi 白井市CityShiroi City Hall FlagEmblemLocation of Shiroi in Chiba PrefectureShiroi Coordinates: 35°47′29.3″N 140°3′22.7″E / 35.791472°N 140.056306°E / 35.791472; 140.056306CountryJapanRegionKantōPrefectureChibaGovernment • MayorFumio IzawaArea • Total35.48 km2 (13.70 sq mi)Population (November 1, 2020) • Total63,190 • D...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (مارس 2016) كأس الأمير 1968–69معلومات عامةالرياضة كرة القدم البطولة كأس الأمير الفترة 1968-1969 فترة سنة واحدة البلد الكويت �...

Pi

Number, approximately 3.14 This article is about the mathematical constant. For the Greek letter, see Pi (letter). For other uses, see Pi (disambiguation) and PI. Part of a series of articles on themathematical constant π 3.1415926535897932384626433... Uses Area of a circle Circumference Use in other formulae Properties Irrationality Transcendence Value Less than 22/7 Approximations Madhava's correction term Memorization People Archimedes Liu Hui Zu Chongzhi Aryabhata Madhava Jamshīd al-Kā...

 

BuzzaccariniSicut aquila sicut turresInquartato: nel 1° e 4° di rosso all'aquila di argento, coronata, rostrata e membrata d'oro, con le ali abbassate, caricata ciascuna da un semicerchio convesso movente dal petto e trifogliato all'infuori, il tutto d'oro; al 2° e 3° d'oro a due torri cimate di una torricella coperta, il tutto di rosso: e sul tutto, partito d'argento e di verde colla bordatura partita dell'uno all'altro[1].StatoPadova TitoliMarchese (m), Nobile (mf), patrizio ven...