Mai Meneses
![]() María Isabel González-Meneses García-Valdecasas, nada en Madrid o 4 de xaneiro de 1978, máis coñecida como Mai Meneses, é unha cantante e compositora española. Na actualidade é a principal cantante e compositora do grupo Nena Daconte. TraxectoriaFilla de pai cordobés e nai almeriense, a menor de 6 irmáns, presentouse á 2ª edición do concurso Operación Triunfo e, a pesar de ser expulsada a primeira, conseguiu a oportunidade de editar un single en solitario chamado "Vuelve", colaborar no disco Soy Capaz & Pequeñas Joyas de Inma Serrano e fundar o grupo Nena Daconte. Formou o grupo Nena Daconte co músico Kim Fanlo, e editaron o disco He perdido los zapatos polo acordo entre Universal Music coa súa discográfica Daconte Music. O seu single "En que estrella estará" foi a canción de promoción da Vuelta Ciclista a España no 2006. Este single conseguiu cinco números 1 na lista de Los 40 Principales. Tendo tamén éxito a súa canción "Tenía tanto que darte". Recibiron o Premio Ondas 2006 ó mellor grupo revelación na 53ª edición. Tamén estiveron nomeados aos MTV Europe Music Awards 2006 na categoría Spanish Act e nos Premios 40 Principales 2006 recibiron o premio na categoría de mellor grupo revelación e foron nomeados con Idiota "Remix" ao mellor videoclip. Mai tamén gañou o premio á mellor compositora nos Premios da Música 2006 e como Nena Daconte gañaron o premio ao Mellor Grupo Revelación. O seu segundo disco, que saíu á venda o 30 de setembro de 2008, titúlase Retales de carnaval. O primeiro single deste segundo disco de Nena Daconte foi "Tenía tanto que darte" estreado primeiro nas radios españolas en agosto deste ano, e sacado á venda en formato dixital o 12 de setembro de 2008. Este disco entrou directamente ao nº 5 das listas de vendas españolas. DiscografíaÁlbums nos que Mai participou:
SolitarioNa súa nova xira pola súa carreira en solitario aumentou en 10.000 copias vendidas grazas á colaboración do seu novo director de produción malagueño, José López.
Ligazóns externas |