A Universidade San Pablo CEU, é unha universidade privada española situada en Madrid. Pertence á Asociación Católica de Propagandistas.
Historia
A Universidade San Pablo CEU é unha universidade privada, recoñecida pola Lei 8/1993 e creada pola Fundación Universitaria San Pablo CEU, obra da Asociación Católica de Propagandistas (ACdP).
O marco legal que fixo posible a Universidade está constituído polo artigo 27.6 da Constitución española, que se concreta na Lei de Reforma Universitaria de 1983.
O día 22 de febreiro de 1994, foi inaugurada polos Reis de España.
Campus
A Universidade San Pablo CEU posúe dous campus; un campus situado en Moncloa e outro en Montepríncipe.
Facultades e escolas
Facultades e escolas da Universidade San Pablo CEU:
Facultade / Escola
|
Campus
|
Facultade de Dereito
|
Moncloa
|
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
|
Moncloa
|
Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación
|
Moncloa
|
Facultade de Medicina
|
Montepríncipe
|
Facultade de Farmacia
|
Montepríncipe
|
Escola Politécnica Superior
|
Montepríncipe
|
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas