Macaca fascicularis[1] é un primatecercopitécido nativo do sueste de Asia. Esta especie de macaco ten unha longa historia xunto aos humanos.[6] A especie foi vista alternativamente como unha praga agrícola,[7] un animal sagrado,[8] e, máis recentemente, animal de experimentación médica.[6]
Vive en grupos sociais matrilineares de ata oito individuos dominados por femias.[9] Os machos abandonan o grupo cando chegan á puberdade.[10] É un omnívoro oportunista[11] e documentouse que fai uso de ferramentas para obter comida en Tailandia e Myanmar.[12] É unha especie invasora e unha ameaza para a biodiversidade en varios lugares, como Hong Kong e o occidente de Nova Guinea.[1] O solapamento dos lugares onde viven o macaco e os seres humanos ten como resultado unha gran perda de hábitat para o mono,[6] vida sinantrópica e conflito inter e intraespecífico polos recursos.
Etimoloxía
Macaca é unha palabra que entrou no portugués e outras linguas derivada de makaku, unha palabra da lingua ibinda de África central (kaku significa mono en ibinda).[13] O epíteto de especie fascicularis en latín significa banda ou franxa. Thomas Raffles, que lle deu ao animal o seu nome científico en 1821, non especificou o que quixo indicar co uso desta palabra.
En Indonesia e Malaisia o M. fascicularis e outras especies de macacos coñécese xenericamente como kera, posiblemente debido aos seus berros agudos.[14]
Nalgúns países chámanlle macaco de rabo longo, porque este adoita ser máis longo que o corpo.[15] O nome de macaco cangrexeiro que tamén recibe refírese a que nalgunhas zonas adoita baixar ás praias a procurar cangrexos. Outro nome que se lle dá, especialmente en laboratorios, é o de mono cinomolgo, polo nome da raza de homes de pelo longo e coidadas barbas que utilizaban cans para cazar segundo Aristófanes de Bizancio, que parece que deriva do palabra grega cynomolgus, do grego κύων, cyon 'can' (xenitivo cyno-s) e o vebo ἀμέλγειν, amelgein 'muxir, extraer leite' (adxectivo amolg-os), porque se dicía que muxían as cadelas.[16]
A lonxitude corporal do adulto, que varía entre as subespecies, é de 38–55 cm e os brazos e pernas son relativamente curtos. Os machos son considerablemente maiores que as femias, con pesos de 5–9 kg, comparados cos 3–6 kg das femias.[15] O rabo é máis longo que o corpo, tipicamente de 40–65 cm e úsano para equilibrarse cando saltan grandes distancias de ata 5 m.[15] As partes superiores do corpo son marróns escuras con puntas marróns douradas claras. A parte ventral é gris clara con rabo gris/marrón. Teñen pelos no alto da cabeza dirixidos cara a atrás que ás veces forman curtas cristas na parte media. A pel é negra nos pés e orellas, pero a pel do fociño é de cor rosa agrisada clara. As pálpebras a miúdo teñen prominentes marcas brancas e ás veces teñen marcas brancas nas orellas. Os machos teñen un bigote característico e longos pelos nas fazulas, mentres que as femias teñen só os pelos longos das fazulas. Teñen unha bolsa nas meixelas que usan para almacenar comida cando van na súa busca. As femias non mostran ningún inchamento perineal.[18]
Distribución e hábitat
A súa área de distribución nativa comprende a maior parte do sueste asiático continental, desde o extremo sueste de Bangladesh cara ao sur a través da Península de Malaca e Singapur, as illas indonesias de Sumatra, Xava, e Borneo, outras illas máis oceánicas, as Filipinas e as illas Nicobar no golfo de Bengala. Este primate é un raro exemplo de mamífero terrestre que traspasa a liña de Wallace, xa que se encontra nas illas menores da Sonda.[18] Vive nunha ampla variedade de hábitats, incluíndo as selvas primarias de zonas baixas, selvas secundarias e alteradas, zonas arbustivas e bosques fluviais e costeiros da palmeira Nypa fruticans e mangleiral. Tamén se adapta doadamente a asentamentos humanos e é considerado sagrado nalgúns templos hindús e nalgunhas pequenas illas,[8] pero como unha praga arredor das granxas e aldeas. Prefire hábitats alterados e a periferia dos bosques.
Onde non é unha especie nativa, especialmente nos ecosistemas de illas cuxas especies a miúdo evolucionan illadas dos grandes predadores, é unha ameaza documentada para moitas especies nativas. A inmunovacina da zona pelúcida porcina (PZP), que causa infertilidade en femias, está sendo probada en Hong Kong para investigar o seu posible uso como método de control da poboación.[18]
Comportamento e ecoloxía
Vida en grupo
Os macacos viven en grupos sociais que conteñen de 3 a 20 femias, xunto cos seus fillos e un ou moitos machos, pero adoitan ter menos machos que femias. Nos grupos sociais de macacos obsérvase unha clara xerarquía de dominancia entre as femias. Estes rangos de dominancia permanecen estables durante a vida da femia e tamén poden manterse a través das xeracións matrilineares. As femias teñen as súas maiores taxas de partos arredor dos 10 anos de idade e deixa completamente de concibir aos 24 anos.[9]
Os grupos sociais de macacos son mantidos unidos polas femias, xa que os machos se dispersan ao chegaren á puberdade. Así, o coeficiente de parentesco no grupo como media parece ser menor que a matrilinearidade. Aparecen máis diferenzas en parntesco cando se comparan as liñaxes de alto rango coas de menor rango, xa que os individuos de alto rango están máis estreitamente relacionados entre si. Ademais, os grupos de machos dispersos nacidos nos mesmos grupos sociais mostran unha diversidade de parentesco, ás veces parecen ser irmáns, mentres que outras veces parecen non estar emparentados.[10]
Ademais da xerarquía de dominancia matrilinear, tamén existen rangos de dominancia de machos. Os machos alfa teñen unha maior frecuencia de apareamentos comparados cos seus conespecíficos de rango inferior. O seu maior éxito débese parcialmente ao incremento do seu acceso ás femias e tamén debido á preferencia das femias por un macho alfa durante os períodos de máxima fertilidade. Aínda que as femias teñen unha preferencia por machos alfa, tamén teñen un comportamento promiscuo. Con este comportamento as femias arríscanse a criar fillos de machos non alfa, pero benefícianse de dous xeitos, ambos en relación co comportamento agresivo: devalúase o valor dunha copulación e o risco de infanticidio diminúe debido á incerteza da paternidade.[24]
O aumento do tamaño dos grupos acrecenta a competición e a enerxía gastada tratando de buscar recursos, e en particular, comida. Ademais, xéranse tensións sociais e diminúe a prevalencia de interaccións redutoras da tensión como o acicalamento social. Así, a vida en grupo parece que só se mantén debido á maior seguridade contra a depredación.[25]
A vida en grupo en todas as especies depende da tolerancia doutros membros do grupo. Para unha vida en grupo social frutífera entre os M. fascicularis cómpre un modo de resolución postconflito. Xeralmente, cando se orixina un conflito os individuos menos dominantes perden perante os individuos de rango superior. Unha vez que tivo lugar o conflito, os individuos de rango inferior adoitan temer aos gañadores do conflito en maior medida que antes. Nun estudo observouse isto na capacidade de beberen auga xuntos. As observacións postconflito mostraron un tempo de vacilación entre o momento en que o individuo dominante empeza a beber e o momento en que o fai un subordinado. Os estudos a longo prazo revelaron que o tempo que pasaba entre o momento en que os dous individuos empezaban a beber era máis curto a medida que pasaba o tempo e se esquecía o antigo conflito.[27]
O acicalamento e o apoio nas liortas entre primates considérase un acto de altruísmo recíproco. No caso de M. fascicularis realizouse un experimento no cal se lles deu aos individuos a oportunidade de acicalarse uns a outros baixo tres condicións: despois de ser acicalado polo outro, despois de acicalar ao outro, e sen previo acicalamento. Despois dun acicalamento, o individuo que o recibiu era máis probable que axudase ao seu acicalador que a un que previamente non o acicalara. Estes resultados apoian a teoría do altruísmo recíproco do acicalamento nos M. fascicularis.[28]
Os M.fascicularis mostran dúas das tres formas suxeridas de comportamento postconflito. Tanto en estudos en catividade coma na natureza, os monos mostraban unha reconciliación ou unha interacción máis amistosa entre anteriores opoñentes, e unha redirección ou actuación agresiva cara a un terceiro individuo. Non se observou consolación en ningún dos estudos realizados.[29]
A ansiedade postconflito tamén se observou nos M. fascicularis que actuaran como agresores. Despois dun conflito dentro dun grupo, o agresor parece rañarse o corpo el mesmo con maior frecuencia que antes do conflito. Aínda que o conportamento de rañarse non pode en xeral ser denominado un comportamento ansioso, as probas suxiren que neste caso é así. O comportamento de rañarse dun agresor diminúe significativamente despois da reconciliación. Isto suxire que a reconciliación e non unha propiedade do conflito é a causa da redución do comportamento de rañarse. Aínda que estes resultados parecen contraintuitivos, a ansiedade do agresor parece estar baseada no risco de arruinar as relacións cooperativas co opoñente.[30]
Altruísmo de parentesco e prexudicación
Nun estudo, a un grupo de M. fascicularis deuselle a posesión dun obxecto cheo de alimento. Non sorprendentemente, se o obxecto o tiña a nai, esta favorecía aos seus propios fillos ao pasivamente pero preferentemente deixarlles alimentarse cos obxectos que mantiña na súa posesión. Porén, cando eran os fillos pequenos os que estaban en posesión dun obxecto, as nais roubábanos e actuaban agresivamente con maior frecuencia cara aos seus propios fillos en comparación con outros individuos novos. Entre os machos, non había nesgo de parentesco, pero os rivais roubaban preferentemente ao máis vello dos dous rivais. Estas observacións indican comportamentos con influencia da estreita proximidade na posesión de obxectos, xa que os parentes da nai están máis próximaos a ela como media que outros. Aínda que a hipótese segue sendo que as relacións nai-fillo poden facilitar a aprendizaxe social da propiedade, os resultados combinados apuntan claramente á agresión cara ao individuo menos ameazante.[31]
Realizouse outro estudo no que se lle deu comida a 11 femias. Déuselles a opción de compartir a comida con parentes e non parentes. A hipótese do altruísmo de parentesco suxire que as nais darían preferentemente a comida aos seus propios fillos. Pero 8 das 11 femias non discriminaron entre os parentes e os non parentes. As outras tres si, dando máis comida aos emparentados. Os resultados indican que non hai selección de parentesco, senón intención de prexudicar, o cal, como resultado, proporciona comida aos parentes preferentemente. Isto débese á observación de que se lle deu comida aos parentes por un período de tempo significativamente máis longo que o necesario. O beneficio para a nai diminúe debido á menor dispoñibilidade de alimento para ela mesma e o custo segue sendo grande para os non emparentados debido a que non reciben comida. Se estes resultados son correctos, os M. fascicularis son únicos no reino animal, xa que parece que non só se comportan de acordo coa teoría da selección de parentesco, senón que tamén actúan prexudicándose entre si.[32]
Reprodución
Despois dun período de xestación de 162–193 días, a femia dá á luz un fillo. O peso do fillo ao nacer é duns 320 g.[11] Os fillos nacen con pelame negro e empezan a volverse de cor cincenta ou marrón avermellada (dependendo da subespecie) aos tres meses de idade.[15] Este pelame natal pode indicar a outros o status do neno, e os outros membros do grupo tratan aos bebés con coidado e corren a defendelos cando están en perigo. Os machos inmigrantes ás veces matan aos bebés que non son fillos seus para acurtaren os intervalos entre nacementos das femias. As femias de alto rango ás veces raptan os bebés de femias de baixo rango. Estes raptos poden causar a morte do bebé, xa que a outra femia xeralmente non está lactando. Un individuo novo permanece principalmente coa súa nai e parentes. Cando os machos novos se fan maiores, fanse máis periféricos no grupo. Na periferia do grupo xogan xuntos, formando lazos cruciais que lles axudarán cando abandonen o seu grupo natal. Os machos que emigran xunto cun parente teñen máis éxito que os que marchan en solitario. Porén, as femias novas permanecen co grupo e quedan incorporadas na matriliña na que naceron.[33]
Os machos acicalan as femias para incrementar as posibilidades de aparearse. Unha femia é máis probable que teña relacións sexuais cun macho que recentemente a acicalou que co que non o fixo.[34]
Dieta
Malia que un dos nomes que se lle dá nalgúns países é macaco cangrexeiro, normalmente non come cangrexos; máis ben é un omnívoro oportunista, comendo unha variedade de animais e plantas. Aínda que as froitas e sementes constitúen ata o 60 - 90% da súa dieta, tamén come follas, flores, raíces e codias.[11] Ás veces depreda vertebrados incluíndo pitiños de aves, aves femias en nidación, lagartos, ras e peixes, así como invertebrados e ovos de aves. En partes de Indonesia pode comer cangrexos e outros crustáceos nos mangleirais. Teñen o encimaquitinase para poder dixerir os exoesqueletos de artrópodos.[35] En Bukit Timah, Singapur a súa dieta consiste nun 44% de froitas, 27% de materia animal, 15% de flores e outras materias vexetais, e un 14% de comida proporcionada polos humanos.[36]
Mostra unha baixa tolerancia a tragar sementes. A pesar da súa incapacidade de dixerir sementes, moitos primates de similar tamaño tragan grandes sementes de ata 25 mm e simplemente as defecan enteiras sen dixerir. Porén, os M. fascicularis cospen as sementes que meten na boca se son maiores de 3–4 mm. Esta decisión de cuspir as sementes pénsase que é adaptativa; evita encher o estómago con sementes voluminosas inaproveitables das que non vai poder extraer enerxía.[37] O macaco axuda ás plantas, xa que distribúe as súas sementes en novas áreas: comen duriáns como os de Durio graveolens e D. zibethinus, e son un importante dispersor de sementes de ditas especies.[38]
Aínda que M. fascicularis está ecoloxicamentre ben adaptado e non xera ameazas á estabilidade das poboacións das especies que son as súas presas na súa área nativa, en áreas onde non é nativo pode supoñer unha substancial ameaza para a biodiversidade.[39] Algúns cúlpano de ser responsable da extinción de aves do bosque ao ameazar áreas de reprodución esenciais [40] así como ao comer os ovos e pitos de aves do bosque que están en perigo.[18]
M. fascicularis pode ser un sinántropo que vive dos recursos humanos. Aliméntase en campos cultivados de arroz seco novo, follas de iuca, figos, taro, cocos, mangas e outros cultivos, con frecuencia causando perdas significativas aos agricultores locais. Nas aldeas, vilas e cidades colle con frecuencia comida dos contedores de lixo e moreas de refugallos.[7] Pode perderlle o medo aos humanos nesas condicións, o cal pode facer que os macacos rouben directamente a comida á xente, tanto pasivamente coma agresivamente.[41][42]
Outro exemplo do uso de ferramentas é lavar e esfregar alimentos como as patacas doces, raíces de iuca e follas de papaia antes de comelas. Tamén remollan estes alimentos en auga ou esfréganos nas súas mans para limpalos. Tamén pelan as patacas doces usando os seus dentes incisivos e cairos. Os adolescentes parecen adquirir estes comportamentos por aprendizaxe observacional dos individuos vellos.[44]
Relacións cos humanos
As zonas onde vive M. fascicularis solápanse amplamente con aquelas onde vive o ser humano no sueste de Asia. En consecuencia, viven xuntos en moitos lugares, en estreita proximidade. Algunhas desas áreas están asociadas a sitios relixiosos e costumes locais, como os templos de Balí en Indonesia, Tailandia e Camboxa, mentres que noutras áreas hai conflitos cos humanos como consecuencia da perda de hábitats e a competición pola comida e o espazo.[6] Humanos e macacos compartiron ambientes desde tempos prehistóricos e ambos adoitan frecuentar os hábitats forestais e ribeiras de ríos. Os propios macacos foron ocasionalmente utilizados como comida por algúns pobos indíxenas que moran nos bosques. En Mauricio, son capturados e vendidos para a industria farmacéutica, e en Angaur e Palau, véndense como animais de compañía.[18] Os macacos aliméntanse da cana de azucre e outros cultivos, afectando a agricultura e sustento de moita xente e poden ser agresivos cos humanos. Poden ser portadores de doenzas humanas mortais, como o herpes virus B dos monos, que tamén pode afectar humanos.[18] En Singapur adaptáronse ao ambiente urbano.[45][46]
Os macacos gañaron unha reputación[47] de ser ladróns moi activos de obxectos humanos (cámaras, lentes, sombreiros, etc.), e refusan devolver o roubado se non lles dan comida a cambio.[48] Esta forma tan especial de cleptoparasitismo (coñecida como "roubar e trocar") observouse principalmente en pequenos grupos de macacos que vivían preto dos templos hindús e zonas moi frecuentadas por turistas, o que suxire que é un comportamento aprendido dentro dos grupos sociais, en resposta a darse conta de que os humanos están dispostos a negociar un troco para que lles devolvan as súas posesións.[49]
En investigación científica
M. fascicularis utilízase frecuentemente en experimentos médicos, en particular os relacionados coa neurociencia e modelos de enfermidades. Debido á súa fisioloxía moi parecida á humana, poden ter moitas doenzas e infeccións iguais ás que padecen os humanos. Algúns casos de preocupación foron o illamento do ebolavirus Reston nunha poboación de macacos reproducida en catividade que chegou en barco aos EUA desde Filipinas, o cal é unha cepa do ébola que non ten consecuencias patolóxicas para aos humanos, a diferenza das cepas de ébola africanas.[6] Ademais, sábese que son portadores do herpes virus B dos monos (Herpesvirus simiae), un virus que causou enfermidade nalgúns traballadores de laboratorios que traballaban principalmente con macacos rhesus (M. mulatta).[6] O protozooPlasmodium knowlesi, que causa malaria en M. fascicularis, pode tamén infectar a humanos. Documentáronse uns poucos casos en humanos, pero non se sabe canto tempo levan os seres humanos infectándose con esta cepa da malaria. Por tanto, non é posile avaliar se este é unha nova ameaza emerxente para a saúde ou se simplemente acaba de descubrirse debido á mellora das técnicas actuais de detección da malaria.[6] Dada a longa historia de vida xuntos de macacos e humanos no sueste asiático, é probable que máis ben sexa o segundo.
Status de conservación
Este macaco ten a terceira área de distribución máis grande dun primate, só detrás do ser humano e do macaco rhesus. A Lista Vermella da IUCN clasifica a especie como en perigo,[1] e a CITES sitúao no seu Apéndice II.[50] O status da especie para a IUCN cambiou no verán de 2022 desde estar en situación pouco preocupante en 2020 a en perigo como resultado do declive da poboación debida á caza e ás problemáticas interaccións cos humanos, a pesar da súa ampla área de distribución e capacidade de adaptarse a diferentes hábitats.[1] Entre estas interaccións están o aumento da demanda de macacos para a experimentación médica durante a pandemia de COVID-19,[1] e o rápido desenvolvemento da paisaxe no sueste asiático, coa conseguinte perda de hábitat.[1] Un estudo de 2008 sobre as súas poboacións suxeriu a necesidade de monitorizar mellor as poboacións debido ao incremento do comercio con especies salvaxes e o aumento do nivel de conflito entre macacos e humanos, que continúa facendo diminuír a poboación global da especie.[51]
Cada subespecie enfróntase a distintos niveis de ameaza, e hai pouca información sobre algunhas subespecies para avaliar as súas condicións. A subespecie M. f. umbrosa é probablemente de grande importancia biolóxica e foi recomendada como candidata a ser prottexida nas illas Nicobar, onde a súa pequena poboación nativa quedou gravemente ragmentada,[52] e está clasificada como especie vulnerable na Lista Vermella da IUCN.[1] A subespecie filipina M. f. philippensis está na lista das especies case ameazadas e M. f. condorensis na de vulnerables.[1] As demais especies están listadas como subespecies con datos insuficientes e que necesitan maior estudo;[1] aínda que traballos recentes están mostrando que M. f. aurea e M. f. karimondjawae necesitan maior protección.[52] Unha preocupación para a conservación é que en áreas onde M. fascicularis non é nativo, as súas poboacións necesitan monitorizarse e xestionarse para reducir o seu impacto na flora e fauna nativas.[52]
↑Smith, J. D. D. (2001). "Supplement 1986-2000"(PDF). Official List and Indexes of Names and Works in Zoology. International Trust for Zoological Nomenclature. p. 8. Consultado o 19 de novembro de 2012.
↑ 6,06,16,26,36,46,56,6Gumert, MD; Fuentes A; Jones-Engel, L. (2011). Monkeys on the Edge: Ecology and Management of Long-tailed Macaques and their Interface with Humans. Cambridge University Press.
↑ 9,09,1van Noordwijk, M.; van Schaik, C. (1999). "The Effects of Dominance Rank and Group Size on Female Lifetime Reproductive Success in Wild Long-tailed Macaques, Macaca fascicularis". Primates40 (1): 105–130. PMID23179535. doi:10.1007/bf02557705.
↑ 12,012,1Gumert, M.D.; Kluck, M.; Malaivijitnond, S. (2009). "The physical characteristics and usage patterns of stone axe and pounding hammers used by long-tailed macaques in the Andaman Sea region of Thailand". American Journal of Primatology71 (7): 594–608. PMID19405083. doi:10.1002/ajp.20694.
↑Aristophanes of Byzantium, Tῶν Ἀριστοτέλους περί ζώων ἐπιτομή. ΑΠΑΝΤΑ Ι, 2.59. ΚΑΚΤΟΣ 1998.
↑Wilson, Don E.; Reeder, DeeAnn M., eds. (2005). "Macaca fascicularis". Mammal species of the world : a taxonomic and geographic reference (3ª ed.). Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN978-0-8018-8221-0.
↑Long, J. L. (2003). Introduced Mammals of the World: Their History, Distribution and Influence. Collingwood, Australia: Csiro Publishing. ISBN9780643099166.
↑Bissessur, P.; Bunsy, Y.; Baider, C.; Florens, F.B.V. (2019). "Non-intrusive systematic study reveals mutualistic interactions between threatened island endemic species and points to more impactful conservation". Journal for Nature Conservation49: 108–117. doi:10.1016/j.jnc.2019.04.002.
↑Baider, C.; Florens, F.B.V. (2006). "Current decline of the ‘‘Dodo Tree’’: a case of broken-down interactions with extinct species or the result of new interactions with alien invaders". En Laurance, W.F.; Peres, C.A. Emerging Threats to Tropical Forests. Chicago University Press. pp. 199–214.
↑Reinegger, R.D.; Oleksy, R.Z.; Bissessur, P.; Naujeer, H.; Jones, G. (2021). "First come, first served: fruit availability to keystone bat species is potentially reduced by invasive macaques". Journal of Mammalogy102 (2): 428–439. doi:10.1093/jmammal/gyaa182.
↑de Ruiter, J.; Hooff, J. v.; Scheffrahn, W. (1995). "Social and genetic aspects of paternity in wild Long-tailed Macaques (Macaca fascicularis)". Behaviour129 (3): 203–224. doi:10.1163/156853994x00613.
↑ 26,026,1Lee, Z.H.; Ang, A.; Ruppert, N. (2021). "First record of interspecies grooming between Raffles' Banded Langur and Long-tailed Macaque". Journal of Threatened Taxa13 (9): 19246–19253. doi:10.11609/jott.7510.13.9.19246-19253.
↑Hemelrijk, C. (1994). "Support for being groomed in long-tailed macaques, Macaca fascicularis". Animal Behaviour48 (2): 479–481. doi:10.1006/anbe.1994.1264.
↑Das, M.; Penke, Z.; van Hoof, J. (1998). "Postconflict Affiliation and Stress-Related Behavior of Long-Tailed Macaque Aggressors". International Journal of Primatology19: 53–71. doi:10.1023/A:1020354826422.
↑Kummer, H.; Cords, M. (1991). "Cues of ownership in long-tailed macaques, Macaca fascicularis". Animal Behaviour42 (4): 529–549. doi:10.1016/s0003-3472(05)80238-6.
↑Schaub, H. (1996). "Testing Kin Altruism in Long-Tailed Macaques (Macaca fascicularis) in a Food-sharing Experiment". International Journal of Primatology17 (3): 445–467. doi:10.1007/bf02736631.
↑Gumert, M. D. (2007). "Payment for sex in a macaque mating market". Animal Behaviour74 (6): 1655–1667. doi:10.1016/j.anbehav.2007.03.009.
↑Uehara, M., Tabata, E., Okuda, M. et al. Robust chitinolytic activity of crab-eating monkey (Macaca fascicularis) acidic chitinase under a broad pH and temperature range. Scientific Reports 11, 15470 (2021). https://doi.org/10.1038/s41598-021-95010-w
↑Lucas, P.W. "Long-tailed Macaques"(PDF). The Gardens' Bulletin Singapore (Supplement No. 3): 107–112. Consultado o 2015-08-14.
↑Nakashima, Y.; Lagan, P.; Kitayama, K. (2008). "A study of fruit–frugivore interactions in two species of durian (Durio, Bombacaceae) in Sabah, Malaysia". Biotropica40 (2): 255–258. OCLC5155811169. doi:10.1111/j.1744-7429.2007.00335.x.
↑Richer, N. "Wild Facts". Wild Fact #834 – The Perfect Gift – Crab-Eating Macaque. Consultado o 26 de setembro de 2013.
↑Eudey, Ardith (2008). "The crab-eating macaque (Macaca fascicularis) widespread and rapidly declining.". Primate Conservation23: 129–132. doi:10.1896/052.023.0115.
↑ 52,052,152,2Umapathy, G.; Singh M.; Mohnot, S.M. (2003). "Status and Distribution of Macaca fascicularis umbrosa in the Nicobar Islands, India". International Journal of Primatology24 (2): 281–293. doi:10.1023/A:1023045132009.
↑Liu, Zhen; et al. (24 de xaneiro de 2018). "Cloning of Macaque Monkeys by Somatic Cell Nuclear Transfer". Cell172 (4): 881–887.e7. PMID29395327. doi:10.1016/j.cell.2018.01.020.
↑Cyranoski, David (24 de xaneiro de 2018). "First monkeys cloned with technique that made Dolly the sheep - Chinese scientists create cloned primates that could revolutionize studies of human disease.". Nature553 (7689): 387–388. Bibcode:2018Natur.553..387C. PMID29368720. doi:10.1038/d41586-018-01027-z.
Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...
American politician Richard Howard Ichord Jr.Member of the U.S. House of Representativesfrom Missouri's 8th districtIn officeJanuary 3, 1961 – January 3, 1981Preceded byA. S. J. CarnahanSucceeded byR. Wendell BaileyMember of the Missouri House of RepresentativesIn office1952–1960 Personal detailsBorn(1926-06-27)June 27, 1926Licking, MissouriDiedDecember 25, 1992(1992-12-25) (aged 66)Houston, MissouriPolitical partyDemocraticAlma materUniversity of Missouri Richar...
2008 2015 Élections cantonales de 2011 dans la Haute-Saône 16 des 32 cantons de la Haute-Saône les 20 et 27 mars 2011 Type d’élection Élections cantonales Corps électoral et résultats Inscrits 85 502 Votants au 1er tour 47 474 55,52 % Votes exprimés au 1er tour 44 651 Votants au 2d tour 34 196 53,35 % Votes exprimés au 2d tour 31 488 PS – Yves Krattinger Majorité départementale PSDVGPRGMoDem Voix au 1er tour 18...
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Apfelküchle adalah kudapan ringan manis yang berasal dari Jerman. Berasal dari kata apfel yang berarti apel, dan küchle yang berarti fritter.[1] Apfelküchle dapat disajikan dingin maupun hangat. Biasanya menggunakan taburan gula halus dan bu...
Acting Brotherhood leader (born 1944) For other people named Mahmoud Ezzat, see Mahmoud Ezzat (disambiguation). Mahmoud Ezzatمحمود عزتMahmoud Ezzat in 2013Acting General Guide of the Muslim Brotherhood in EgyptIn office20 August 2013 – 28 August 2020Preceded byMohammed BadieSucceeded byIbrahim Munir Personal detailsBornMahmoud Ezzat Ibrahim (1944-08-13) 13 August 1944 (age 79)Zagazig, Sharqia Governorate, Egypt[1]Political partyMuslim Brotherhood in EgyptChildr...
Luo YixiuLahir20 Oktober 1889Shaoshan, Provinsi HunanMeninggal11 Februari 1910(1910-02-11) (umur 20)Shaoshan, Provinsi HunanSuami/istriMao Zedong (m. 1908–1910)Orang tuaLuo Helou Artikel ini memuat Teks Tionghoa. Tanpa bantuan render yang baik, anda mungkin akan melihat tanda tanya, kotak-kotak, atau simbol lainnya bukannya Karakter Tionghoa. Luo Yixiu[a] (Hanzi sederhana: 罗一秀; Hanzi tradisional: 羅一秀; Pinyin: Luó Yīxiù; 20 Oktober 1889 ̵...
House elections in Kentucky Not to be confused with 2020 Kentucky House of Representatives election.For related races, see 2020 United States House of Representatives elections. 2020 United States House of Representatives elections in Kentucky ← 2018 November 3, 2020 2022 → All 6 Kentucky seats to the United States House of Representatives Majority party Minority party Party Republican Democratic Last election 5 1 Seats won 5 1 Seat change Po...
American religious leader Matthew Cowley Quorum of the Twelve ApostlesOctober 11, 1945 (1945-10-11) – December 13, 1953 (1953-12-13) ApostleOctober 11, 1945 (1945-10-11) – December 13, 1953 (1953-12-13)ReasonDeath of Heber J. Grant and reorganization of First PresidencyReorganizationat end of termGeorge Q. Morris ordained Personal detailsBorn(1897-08-02)August 2, 1897Preston, Idaho, United StatesDiedDe...
Wakil Bupati DeiyaiPetahanaHengky Pigai, S.Pt.sejak 20 Februari 2019Masa jabatan5 tahunDibentuk20 Agustus 2013Pejabat pertamaAgustinus Pigome, S.Ag., M.A.P.Situs webwww.deiyaikab.go.id Berikut ini adalah daftar Wakil Bupati Deiyai dari masa ke masa. No Wakil Bupati Mulai Jabatan Akhir Jabatan Prd. Ket. Bupati 1 Agustinus PigomeS.Ag., M.A.P. 20 Agustus 2013 15 Februari 2018 1 [Ket. 1][1] Dance TakimaiAks. Jabatan kosong 15 Februari 2018 23 Juni 2018 Agustinus Pigome...
Mahalini RaharjaMahalini pada tahun 2022LahirNi Luh Ketut Mahalini Ayu Raharja4 Maret 2000 (umur 24)Denpasar, Bali, IndonesiaPendidikanUniversitas Mahasaraswati Denpasar (keluar)PekerjaanPenyanyi-penulis lagupemeranAgenStar Media Nusantara[1]PenghargaanDaftar penghargaanKarier musikGenrePopbaladaInstrumenVokalTahun aktif2015—sekarangLabelHitsTanda tangan Ni Luh Ketut Mahalini Ayu Raharja, dikenal secara mononim sebagai Mahalini, (lahir 4 Maret 2000) adalah seorang penyanyi-pen...
StromaeStromae agli NRJ Music Award del 2011 Nazionalità Belgio GenereHip houseElectro houseNew beatChanson Periodo di attività musicale2000 – in attività StrumentoVoce, batteria, pianoforte, tastiere EtichettaMercury, Because Music, Universal Music France Album pubblicati4 Studio3 Live1 Sito ufficiale Modifica dati su Wikidata · Manuale Stromae ([stʁomaj]), pseudonimo di Paul Van Haver (Etterbeek, 12 marzo 1985), è un cantautore, produttore discografico e...
2018 studio album by The Carters Everything Is LoveStudio album by the CartersReleasedJune 16, 2018Recorded2017–2018Studio U Arena in Paris The Church in London Kingslanding West in Los Angeles Genre Hip hop R&B trap Length41:50Label Parkwood Sony Roc Nation Producer Beyoncé Jay-Z 808-Ray Beat Butcha Boi-1da Cool & Dre David Andrew Sitek D'Mile Smittybeatz Derek Dixie El Michels Fred Ball Illmind Jahaan Sweet MeLo-X Mike Dean Nav Nova Wav Pharrell Sevn Thomas Beyoncé chronolog...
Ця стаття потребує додаткових посилань на джерела для поліпшення її перевірності. Будь ласка, допоможіть удосконалити цю статтю, додавши посилання на надійні (авторитетні) джерела. Зверніться на сторінку обговорення за поясненнями та допоможіть виправити недоліки. Мат...
У Вікіпедії є статті про інші значення цього терміна: Соколівка. село Соколівка Країна Україна Область Львівська область Район Львівський район Громада Бібрська міська громада Код КАТОТТГ UA46060010390032856 Основні дані Населення 58 (станом на 01.01.2017 рік) Площа 0,66 км² Густо�...
Article principal : Cyclisme sur piste aux Jeux olympiques d'été de 2024. Cet article traite de l'épreuve masculine. Pour la compétition féminine, voir Course à l'américaine féminine aux Jeux olympiques d'été de 2024. Course à l'américaine masculine aux Jeux olympiques d'été de 2024 Généralités Sport Cyclisme sur piste Organisateur(s) CIO / UCI Édition 5e Lieu(x) St-Quentin-en-Yvelines Date 10 août 2024 Nations 16 Participants 32 Site(s) Vélodrome national[1] Palmarè...
2005 compilation album by Iron MaidenThe Essential Iron MaidenCompilation album by Iron MaidenReleased12 July 2005Recorded1980–2003GenreHeavy metalLength2:27:21LabelSanctuary/ColumbiaProducerMartin BirchNigel GreenSteve HarrisWill MaloneKevin ShirleyIron Maiden compilations chronology Edward the Great(2002) The Essential Iron Maiden(2005) Somewhere Back in Time(2008) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1]Pitchfork Media7.5/10.0[2] The Essential Iro...